Vacuo
De Maruxa Salas
Primeira produción do Centro Coreográfico Galego
VACUO é unha metáfora… a natureza, a nosa alma e cada un de nós mesmos.
Existimos pero non vivimos. Delimitamos o noso espazo con medos, preocupacións, prexuízos que enlodan e tinguen de negro, que nos privan de ver máis aló…non temos tempo na nosa vida cotiá de escoitar e gozar do son da chuvia, esquecemos a súa importancia física e espiritual…
Presentamos un espazo Vacuo que propón unha arte de vivir, non como unha explicación senón como comprensión, entendemento, concienciación…un xeito de rexeneración, de reformulación da vida, do presente, con matices e cores sen deixar que o agora se enturbe e mude en escuridade.
Sorprendentemente hoxe a natureza perde cor. Non será esta un espello da nosa alma? un modo de reflectir o noso presente máis inmediato?
A resposta está en nós mesmos, no noso propio Vacuo, un espazo onde hai cores, a túa cor, a da túa vida, lugar de renovación e comunicación, onde a inmensidade da natureza se pode contemplar, vivir, bailar e gozar.
Maruxa Salas
Equipo artístico
Coreógrafa: Maruxa Salas
Asistente de Dirección e Coreografía: Erick Patrith Jiménez Vindas
Asistente e Repetidor: Igor Goyena Mediavilla
Bailaríns: María Pilar Abaurrea, Pablo Aradillas, Lorena Ballesteros, Elena Conesa, Alexis Fernández (Maca), Carmela García, Miguel Ángel Llorenç, Kirenia Martínez, Cristina Miralles, Gustavo Muñiz, Amparo Novas, Matilde Pedreira, Ana Beatriz Pérez, Caterina Varela, Iván Villar
Espazo escénico e iluminación: Baltasar Patiño
Espazo sonoro e música: Berrogüetto
Vestiario: Ruth Díaz
Pezas audiovisuais: Adriana Domínguez
Ficha técnica
Xénero: Danza
Duración: 55 minutos
Idade: A partir de 12 anos
Espazo:
- Boca - 9 metros
- Fondo - 8 metros
- Alto - 6 metros
Potencia mínima: 150.000 Watios