AGADIC

Centro Dramático Galego

Centro Dramatico Galego. Salón Teatro



CDG Obras: Hamlet

CDG Obras: <em>Hamlet</em>
De Tito Asorey e Vanesa Sotelo a partir do texto orixinal de William Shakespeare
Tito Asorey, dirección
Salón Teatro 19 marzo de 2026

FUNCIÓN DE ESTREA

Funcións do 20 de marzo ao 3 de maio
De mércores a domingo ás 18.00 horas

COMPRAR ENTRADAS

AVISO DE SEGURIDADE:
Esta produción contén efectos de iluminación intermitente/estroboscópica e sons de alto impacto.

COMPROMISO COA ACCESIBILIDADE:
Todas as representacións contarán con interpretación en linguaxe de signos, audiodescrición, programa de lectura fácil e acceso para persoas con mobilidade reducida.

As butacas para PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA serán adquiridas na billeteira do Salón Teatro os días de función dende as 16:00 ata a hora do inicio da función (18:00 h) presencial ou telefónicamente (881 867 223). Tamén poden reservarse no enderezo electrónico centro.dramático.galego@xunta.gal
Os dispositivos de audiodescrición serán solicitados ao persoal de sala.

FUNCIÓNS DESCONTRAÍDAS - MÉRCORES ÁS 18:00 H:
Como parte das medidas de accesibilidade adoptadas polo CDG, os mércores ás 18:00 h haberá sesións descontraídas coas que se pretende crear un ambiente acolledor para aquelas persoas con necesidades especiais ou diversidade cognitiva e/ou sensorial.
Ademais das medidas de accesibilidade comúns a todas as representacións, nestas sesións descontraídas redúcense as restricións propias dos protocolos de asistencia a espectáculos teatrais: non hai escuridade total no patio de butacas e permítese a entrada e saída da sala, tendo, ademais, unha maior tolerancia a sons e movementos no patio de butacas por parte dos equipos que traballan na escena.


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal