Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña. Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n 15008 - A Coruña
Teléfono: 881 960 543 / 881 960 547
Fax: 881 960 548
Correo: documentacion.ccgxunta.gal / formacion.ccg
xunta.gal
Contacto: Mercedes Suárez, directora
[02/02/2024] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, mantivo unha reunión nas instalacións do Centro Coreográfico Galego, na Coruña, con varios membros do equipo artístico de Dique, a montaxe que a compañía Nova Galega de Danza desenvolve en coprodución coa unidade da Xunta de Galicia e que ten prevista a súa estrea a finais do mes de xuño.
[18/07/2023] A Xunta adxudica preto de 45.000 euros a tres proxectos a través do programa de coproducións da súa unidade de danza: ‘Seepwalkers’, ‘Millo vello’ e ‘Anöa’
As propostas que se desenvolverán ao abeiro desta iniciativa de apoio ao sector pivotan sobre reflexións arredor da guerra, da ecodependencia e da dicotomía entre a privacidade e a esfera pública
[15/06/2023] A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta ofrece oito cursos destinados prioritariamente aos profesionais da danza no marco do plan formativo do Centro Coreográfico Galego para 2023. Os diferentes talleres, que se desenvolverán no segundo semestre deste ano, abordarán un amplo abano de aspectos desta disciplina artística, xa que van desde a posta en escena á distribución de espectáculos, pasando pola inclusión do xénero tradicional en todo tipo de montaxes ou polo papel da danza na terapia educativa e na saúde emocional.