[09/01/2026]
[07/01/2026] A Xunta de Galicia abre a súa actividade deste 2026 no Centro Dramático Galego coa estrea mañá, ás 18,00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela do espectáculo Memorias dun neno labrego, nova versión teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas producida coa compañía Contraproducións baixo a dirección escénica de Cándido Pazó. Na sede da unidade teatral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude poderá verse ata o 25 de xaneiro e do 11 ao 15 de febreiro, ademais de xirar inicialmente por outra decena de localidades nestes dous meses.
[14/12/2025] O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe este vindeiro martes día 16, ás 20,00 h., o espectáculo José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983, no que participa o Centro Dramático Galego xunto con catro institucións culturais de Portugal. A montaxe, inspirada nos concertos de despedida do icónico cantautor luso, estreouse no Teatro Municipal do Porto os pasados 7 e 8 de novembro e puido verse tamén en Lisboa do 11 ao 13 de decembro.
[03/12/2025] O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Salón Teatro Berenguela na gaiola, unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que foi recoñecida co Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática, e chega ao escenario compostelán tras a súa estrea os pasados 26 e 27 de setembro en Carballo.
[27/11/2025] O director Cándido Pazó traballa xa co elenco e o resto do equipo de Memorias dun neno labrego na primeira fase dos ensaios da próxima produción do Centro Dramático Galego, coa que a compañía da Xunta de Galicia lembrará a figura de Xosé Neira Vilas no décimo aniversario do seu pasamento. Faino levando ás táboas xunto á compañía Contraproducións unha nova versión teatral desta obra referencial da literatura galega, que poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela do 8 de xaneiro ao 25 de xaneiro de 2026.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 308 309 310 311 Ver novas anteriores