Saltar menú

Escola de Altos Estudos Musicais


Escola de Altos Estudos Musicais

O Consorcio de Santiago asume dende xaneiro de 2011 a xestión da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, exercida ata ese momento pola Agadic. A actualidade deste centro de educación musical recóllese na súa páxina web www.eaem.es

________________________________________________________________________

A Escola de Altos Estudos Musicais ten como prioridade a formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos da música clásica, así como a organización de diferentes actividades de divulgación musical.

A Escola principiou no segundo semestre do curso académico 1997-1998 unha traxectoria vinculada á Real Filharmonía de Galicia, orquestra profesional con sede no compostelán Auditorio de Galicia, creada en 1995 como resultado dun proxecto no que concorreron a Xunta de Galicia e o Consorcio de Santiago. Os responsables da súa posta en marcha tiveron en conta a relevancia da faceta educativa, que até ese momento desenvolvera a extinta Xove Orquestra de Galicia, á hora de deseñar un centro que permitira investir o potencial dos destacados profesionais da Real Filharmonía na formación de futuras xeracións de músicos galegos.

Así, o equipo directivo da Escola de Altos Estudos Musicais está encabezado polo director da Real Filharmonía, Antoni Ros Marbà. Intégrano ademais Maximino Zumalave como director asociado, Enrique Meyer como xefe de estudos e unha vintena de titores para un total de doce especialidades. Estas son violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón e percusión. A meirande parte destes profesores, xunto cos que imparten as clases de música de cámara, son membros tamén da Real Filharmonía. O centro conta, así mesmo, coa colaboración doutros recoñecidos profesionais da música ao máis alto nivel que, en calidade de profesores convidados, comparten a súa experiencia cos alumnos nos diferentes cursos e encontros que se organizan durante cada período lectivo.

O plano de estudos xira en torno a dous departamentos independentes, aínda que complementarios nos seus obxectivos: as seccións de Especialización e de Formación Permanente.
Fotografía dun concerto dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais.


Novas

Klaus Becker

O PRESTIXIOSO OBOÍSTA ALEMÁN DIRIXIRÁ A SECCIÓN DE VENTOS DA ORQUESTRA DA EAEM NOS CONCERTOS QUE OFRECERÁ ESTE VENRES DÍA 5 EN SADA E O SÁBADO 6 EN SANTIAGO

O mestre Klaus Becker imparte un curso de óboe na Escola de Altos Estudos Musicais Documento anexo

[02/11/2010] A sede da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en Santiago de Compostela acolle dende hoxe e ata o vindeiro sábado día 6 un Curso de Óboe impartido polo mestre alemán Klaus Becker, considerado un dos principais oboístas da súa xeración. Un total de sete instrumentistas asisten a estas sesións, organizadas pola Sección de Formación Permanente deste centro para a especialización musical que xestiona a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic.


AS SESIÓNS FORMATIVAS A CARGO DO PRESTIXIOSO SOLISTA DESENVÓLVENSE DENDE HOXE E ATA O VENRES NA SEDE COMPOSTELÁ DESTE CENTRO DE ESPECIALIZACIÓN MUSICAL

A Escola de Altos Estudos Musicais acolle un curso de trompa impartido polo estadounidense Eric Terwilliger

[11/10/2010] O prestixioso solista norteamericano Eric Terwilliger imparte dende hoxe e ata o vindeiro venres 15 de outubro o Curso de Trompa que organiza a Escola de Altos Estudos Musicais na súa sede de Santiago de Compostela. As sesións enmárcanse dentro das actividades da Sección de Formación Permanente do centro que xestiona a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), que acaba de inaugurar o novo período lectivo 2010-2011 coa incorporación ás clases do alumnado de segundo curso da Sección de Especialización.


DESENVÓLVESE DENDE HOXE ATA O VENRES NA SEDE DO CENTRO QUE XESTIONA A AGADIC

O mestre suízo Gabor Meszaros imparte en Santiago un curso de fagot da Escola de Altos Estudos Musicais Documento anexo

[26/04/2010] O recoñecido fagotista Gabor Meszaros atópase esta semana en Santiago para impartir o Curso de Fagot que organiza a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) como parte das súas actividades de formación permanente. Ata o vindeiro venres día 29, un total de seis alumnos traballaran co mestre suízo distintos aspectos da técnica e o repertorio para este instrumento, así como para ensamble de ventos.


A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais estrea en concerto 7 obras compostas por alumnos do centro Documento anexo
O mestre Maximino Zumalave dirixe a Orquestra da EAEM no concerto que ofrece mañá en Santiago Documento anexo
O auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais acolle dous concertos de cámara dos alumnos do centro
Jordi Mora dirixe mañá en Santiago un concerto da orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais Documento anexo
José Luis Estellés dirixe o concerto inaugural do novo curso da Escola de Altos Estudos Musicais