Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Publicacións

Fotografía na que poden verse varios libros publicados pola Agadic, colocados sobre unha mesa de madeira

O labor editorial da Agadic concrétase na publicación de diferentes obras a través das que promove e difunde as producións propias, así como na súa participación -como coeditora ou colaboradora- en diferentes títulos por medio dos que se tenta proporcionar un mellor coñecemento da actividade escénica e musical galega, tanto dende unha perspectiva actual como histórica.

O departamento de Publicacións é o responsable da coordinación e supervisión das coleccións de teatro e música -libros, discos, material dixital, etc.- e dos volumes fóra de colección realizados polas unidades de produción e demais departamentos da Agadic.

Este fondo editorial recolle as principais coleccións e títulos editados ou apoiados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (e polo IGAEM até xuño de 2008) agrupados segundo o sector artístico no que se insiren: teatro, música e danza.