Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Seminario de produción e xestión de salas e espazos escénicos: inscición

Prazo: 01/03/2007 - 26/04/2007

Descrición: Imparte: Miguel Ángel Pérez Martín (profesor de produción e xestión escénica)
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2007
Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos, s/n

CONTIDOS:

Dotar aos asistentes de coñecementos e información para o desenvolvemento de tarefas de produción e xestión dos espazos escénicos de exhibición de espectáculos ao vivo (teatro, música, danza, circo, performance…) tanto en produción propia como en espectáculos convidados.

PROGRAMA:

SESIÓN DE MAÑÁ (10 h a 14 h):

- O producto teatral: particularidades
- A sala e o seu público: o espazo fideliza
- Proxecto teatral e cultural: obxectivos
- A sala e o seu contorno
- Produción escénica: concepto, fases, elementos
- Figuras profesionais máis establecidas
- Ferramentas de control de actividades: xestión de proxectos, diagramas de fluxo de información e tarefas
- Xestión operativa: áreas de xestión nas artes escénicas
- Xestión estratéxica: toma de decisións, ferramentas
- Plan de xestión, ratios de xestión
- Misión, visión, ámbito de negocio
- Análise DAFO, principais elementos

COMIDA (Restaurante Ángel. R/ San Clemente. Santiago.)

SESIÓN DE TARDE (16 h ás 19.30 h):

- Taller sobre unha proposta concreta de traballo
- Exposición dos traballos realizados
- Avaliación da sesión

20:30 h: Asistencia á representación do espectáculo do CDG A piragua no Salón Teatro.

PROFESOR:

Miguel A. Pérez Martín é xestor cultural, diploma en Arts Administration pola City de Londres. Director e profesor en diversos cursos de xestión cultural en Castela e León, Euskadi e Andalucía. Profesor de produción e xestión escénica no Centro de Tecnoloxía do Espectáculo do INAEM. Xerente de Artesa – Artes Escénicas asociadas de Castela e León. Autor de diversas publicacións sobre xestión de organización escénica. Secretario xeral de OBSERVA (observatorio de políticas culturais de Valladolid). Colaborador en diversas publicacións do sector teatral, así como en prensa diaria.
Nos últimos dez anos a súa actividade docente lévao a impartir cursos en España e Iberoamérica.

Dirixido a: Responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas.

Nº DE PRAZAS: 25. A admisión ao curso farase segundo orde de inscrición.

Dirixirse a: programacionigaem.1@xunta.es
programacionigaem.2@xunta.es

(Enviar a estes mails o documento adxunto de inscrición, que quedará formalizada por rigorosa orde de entrada no rexistro xeral do IGAEM até completar as 25 prazas dispoñibles)

Solicítase
Axencia Galega das Industrias Cultuarais
Enderezo: Cidade da Cultura de Galicia. Centro de Emprendemento Monte Gaiás s/n. CP. 15707 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 99 60 77 / 881 99 60 78
agadica r r o b axunta.es
http://www.agadic.gal

Documentos relacionados

« Volver