A gala final do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia, na que se exhibirán as 7 coreografías preseleccionadas, celébrase o sábado 25 de novembro, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago.
Prazo: 05/07/2006 - 25/11/2006
Descrición: Cunha dotación de até 11.500 euros en premios, o certame preséntase como unha plataforma de exhibición e encontro de novos coreógrafos, e ten como obxectivo fundamental a promoción da nova creación coreográfica e a estimulación xeral da actividade profesional do sector. Preténdese fomentar a investigación, a innovación e as postas en escena imaxinativas.
Dirixido a: Todas aquelas coreografías (unha por coreógrafo) orixinais ou estreadas no ano 2006. As obras estreadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2006 non son aceptadas.
As coreografías deben ser interpretadas por un mínimo de tres bailaríns e un máximo de seis. Non se aceptan os solos. A duración da obra non pode exceder de quince minutos.
Periodicidade: Anual
Información sobre o importe: Primeiro premio: 4.000 euros e a posibilidade de incluír a obra gañadora do certame dentro da programación nacional de coreografías premiadas que a Federación Española de Asociaciones de Profesionales de la Danza ten previsto realizar no ano 2007.
Segundo premio: 2.500 euros
Terceiro premio: 2.000 euros
Premio a un bailarín destacado: 1.500 euros
Se o xurado considera oportuno entregar algunha mención, esta será premiada con 1.500 euros.
Os premios están suxeitos aos impostos aplicables.
O IGAEM tamén amosa o seu interese en coproducir un espectáculo con algunha das coreografías premiadas, dentro dos seus obxectivos de difusión e promoción da danza aos que fai referencia o artigo 9 da súa lei, condicionado á súa inclusión no plan de actividades do IGAEM para o ano 2006 aprobado polo Consello Reitor do organismo.
Dirixirse a: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais
Certame de Creación Coreográfica de Galicia
Rúa da Vesada, s/n. San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Información 981 57 71 26, ext. 103
programacionigaem.2@xunta.es
Premios do Certame de Creación Coreográfica de Galicia
2006
1º Premio: Alexis Fernández, Armando Martén, Kirenia Martínez e Ana Beatriz Pérez por En la cuenca de tus ojos.
2º Premio: Verónica Garzón, Mireia Sans e Edurne Sanz por Ayer y hoy.
3º Premio: Francisco Leiva por Éxodos.
Premio ao/á bailarín/a sobresaínte: Ana Beatríz Pérez.
2005
1º Premio: Miguel Azcúe por Desierto.
2º Premio: Damián Muñoz por Meltemi.
3º Premio: Maruxa Salas por Didenoi.
Mención especial do xurado: Mercedes Suárez por O anxo exterminador.
Premio ao/á bailarín/a sobresaínte: Maruxa Salas.
2004
1º Premio: Eva Bertomeu por FEMME (Mujer en tres colores).
2º Premio: Dolores Mayán por Quid est mulier?.
3º Premio: Mercedes Suárez: O calar do tempo.
Mención especial do xurado: Rafael Linares por Completo.
Premio ao/á bailarín/a sobresaínte: Miguel A. Ponte.
2003
1º Premio: Rafael Linares por …Ion (La Valse).
2º Premio: Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz por Alento.
3º Premio: Bárbara Monteagudo por Era.
Mención especial do xurado: Dolores Mayán por MIT.
« Volver