A Agadic colabora no desenvolvemento de dous cursos gratuítos para o persoal das empresas das industrias culturais sobre xestión de contidos web e redes sociais.
Público obxectivo:
Persoal das empresas das industrias culturais. Perfís técnicos e xefes de proxecto que teñan que ver coa área de comunicación (vinculados a marketing) e persoal de administración en xeral.
Modalidade:
Blended learning. 4 seminarios presenciais e 20 horas de formación en liña.
Matrícula
Gratuíta. Subvencionada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Inscrición:
comunicacion@simce.com ou no teléfono 986 419 922 ext. 2006
A. COMO CREAR CONTIDOS NA WEB: O POSICIONAMENTO E A XESTIÓN DE CONTIDOS WEB
Días: 11, 12, 18 e 19 de xullo de 2011
Horario: de 16.00 a 21.00
Duración: 20 horas presenciais + 20 horas a distancia
Lugar: Santiago de Compostela
Programa:
Luns 11 de xullo
Bloque 1: A web como elemento de marketing
-Que é e cómo viviamos sen internet?
-En que consiste a internet 2.0?
-Como afecta internet ás 4P do marketing?
-Que non podemos esquecer na creación dunha web?
-Como seleccionar fontes de información e a súa integración?
-Como aparecer ben posicionado nos buscadores?
-Algunhas claves do marketing en liña
Martes 12 de xullo
Bloque 2: Conceptos básicos para a publicación na rede
-Conceptos básicos: Formatos de publicación en internet
-Dominios e servidores en internet. Linguaxes, métodos e
tecnoloxías
-Os Sistemas de Xestión de Contido (CMS) e presentación de
Joomla
Luns 19 e martes 20 de xullo
Bloque 3. Xestión de contidos con Joomla
-Funcionalidades
-Xestión de contidos
-Menús
-Xestión de usuarios
-Compoñentes de interese: formulario de contacto, enquisa,
tradución, mapa web, plantillas e configuración global
Relatores:
-Manuel Veloso. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (Uvigo) e MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Socio consultor de EOSA e SIMCe Consultores. Responsable da área TIC. Profesor da Escola de Negocios Novacaixagalicia en Sistemas de Información e Finanzas.
-Christian D. v. Eitzen. Enxeñeiro de telecomunicacións (Uvigo). Desarrollador web e inmerso nas redes sociais e as estratexias SEO e SEM. Formador e colaborador da revista Aproin.
B. COMO CREAR CONVERSACIÓNS: PLAN DE COMUNICACIÓN EN LIÑA E REDES SOCIAIS
Días: 13,14, 20 e 21 de xullo de 2011
Horario: de 16.00 a 21.00
Duración: 20 horas presenciais + 20 horas a distancia
Lugar: Santiago de Compostela
Programa:
Mércores 13 de xullo
Bloque 1: O plan de comunicación en liña
-O marketing experiencial
-Como deseñar unha campaña de éxito na rede? O plan de
comunicación
-Economía dixital, marketing en liña, e-commerce,
crowdsourcing ...
-Casos de éxito
Xoves 14 de xullo
Bloque 2: Introdución ás redes sociais
-O community manager: habilidades
-O novo mapa social: ferramentas 2.0
-Novas tecnoloxías e tendencias de futuro: realidade aumentada, 3D, móvil ...
-A identidade dixital. Como xestionala?
Mércores 20 de xullo
Bloque 3: Funcionalidades das redes sociais e ferramentas de traballo en liña
-Posicionamento e optimización da web. Como conquistar a
Google?
-Como triunfar nas redes sociais? A construción de relacións:
Facebook, Twitter, Linkedin, Slideshare, Flickr, YouTube
e Foursquare
-A publicidade en redes sociais
-Ferramentas de monitorización e análise
Xoves 21 de xullo
Bloque 4: Caso práctico
-Como deseñar e por en práctica unha estratexia en liña?
Relatores
-Alberto Lázaro. Enxeñeiro e MBA. Director de ONFRAN, empresa especializada en marketing dixital e ferramentas tecnolóxicas para franquicias. Profesor da Escola de Negocios Novavaixagalicia e autor de SobreFranquicias.com
-Fuencisla Cid. Licenciada en Empresariais (Escola de Negocios Caixanova), Master en Comunicación, Marketing e Publicidade (Instituto Europeo de Diseño) e Máster en Investigación en Comunicación (Uvigo). Dircom e consultora en comunicación en EOSA. Formadora e autora de varias publicacións en materia de comunicación e social media.
-Miguel del Fresno. Doctor en Socioloxía (UNED) e Licenciado en Filosofía (UCM). MBA (Instituto Empresa), Executive Master en e-Business (Instituto Empresa) e Máster na Sociedade da Información e o Coñecemento (UOC). Profesor na Universidade Camilo José Cela, lEO e a Universidade Deusto. Director de QUOR 2.0 empresa adicada á investigación, monitorización e xestión da reputación en liña.
« Volver