Convócase proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas ao abeiro do R.D. 1435/85, de 1 de agosto, de 6 prazas de músicos, para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2011, segundo as bases que se poden descargar no apartado de documentos relacionados.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de marzo.
As audicións celebraranse en Santiago, no lugar, día e hora que serán comunicados con antelación suficiente aos candidatos.
Será requisito imprescindible para poder presentarse ás probas a acreditación de que se posúe a versatilidade e o perfil solicitado:
-Músico 1: saxo alto, frauta, frautín, clarinete, saxo soprano, saxo barítono
-Músico 2: saxo tenor, clarinete, fagot, saxo soprano
-Músico 3: trompeta 1
-Músico 4: trombón de varas, contrabajo
-Músico 5: banjo, bandoneón (acordeón), guitarra, guitarra hawaiana (ou mandolina)
-Músico 6: percusión, timbales, trompeta 2
Quen desexe tomar parte na convocatoria deberá remitir a súa solicitude segundo o anexo que se pode descargar nos documentos relacionados, e xuntar a seguinte documentación:
a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte.
Os aspirantes extranxeiros que residan en España deberán presentar, ademáis, unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temportal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronterizo en vigor.
b) Curriculum vitae no que consten, debidamente xustificados, os estudos e a experiencia musical, así como aqueles méritos e circunstancias con relevancia para o posto de traballo que o solicitante considere oportuno incluír, referidos á data de finalización de presentación de solicitudes.
c) Con carácter opcional, poderán enviarse un CD, DVD ou enlace do/a solicitante con material videográfico ou sonoro sobre o seu traballo.
As solicitudes poden enviarse á dirección de correo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.es, ou ben presentarse no rexistro xeral da Agadic situado na Rúa Vesada, San Lázaro s/n, 15703 en Santiago de Compostela, (tfno: 981.57.71.26), ben persoalmente, ben por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A aquelas persoas que opten por utilizar medios telemáticos, confirmaráselles mediante correo electrónico a recepción da solicitude.
O horario do rexistro da Agadic é de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.
Prazo: 11/03/2011 - 22/03/2011
Documentos relacionados« Volver