Prazo: 01/01/2009 - 30/01/2009
Descrición: Dentro do programa de formación profesional na área de produción cultural, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) -a través do Centro Dramático Galego (CDG)- organiza este curso que ten como obxectivo actualizar as competencias dos profesionais das artes escénicas en materia de xestión e planificación da produción. O encontro está deseñado e coordinado por Setepés.
Datas, horario e lugar de celebración
Do 26 ao 30 de xaneiro de 2009, en horario de 16.00 a 21.00 h, no Salón Teatro de Santiago (Rúa Nova, 34).
Prazo de matrícula
Do 3 de decembro ao 2 de xaneiro
Prezo da matrícula
50 €
Módulos do curso
1. Inventariado de necesidades de produción
2. Planificación de estratexias de produción
3. Planificación das fases da produción
4. Cronogramas de produción
5. Xestión do tempo
Formadores
TIAGO ANDRADE
Director de produción do Centro Cultural Vila Flor, en Guimarães (Portugal), desde setembro de 2005.
Director de produción da Oficina, CIPRL, en Guimarães, desde xaneiro de 2004.
Produtor executivo na Porto 2001 Caoital Europea da Cultura, desde xaneiro de 2000 até 31 de xaneiro de 2002.
ANA COELHO
Directora executiva da Artemrede-Teatros Associados.
Produtora executiva da Compañía de Teatro O Bando e do Festival FIAR.
Máster en European Cultural Planning, na De Monfort University, en Leicester, Inglaterra.
Posgrao de Xestión Cultural nas Cidades, no INDEG / ISCTE.
Curso de Estudios Superiores Especializados (CESE) en Xestión das Artes na Cultura e na Educación -memoria final sobre teatro de rúa, titulada Encenar (n)a Cidade-, concluído en xullo de 2000 na Escola Superior de Educación Jean Piaget, en Almada.
Dirixido a
Persoal vinculado á produción, produtores das compañías profesionais de artes escénicas de Galicia.
Documentación necesaria
-Solicitude de matrículo segundo o modelo anexo.
-Curriculum vitae
-Xustificante do pago no banco.
Esta documentación entregarase no Centro Dramático Galego.
Enderezo: Salón Teatro. Rúa Nova, 34, 3º
15703 Santiago
Fax: 981 581 987
Correo-e: centro.dramatico.galego@xunta.es
Dirixirse a: Centro Dramático Galego
Tel. 981 581 111 / 981 581 571 (de 9.00 a 14.00 h)
Correo-e: centro.dramatico.galego@xunta.es
« Volver