[05/11/2010] O Centro Coreográfico Galego resolveu a convocatoria do seu novo programa Proxectos de Investigación Coreográfica, a través do que destina un total de 29.000 euros ao desenvolvemento de oito iniciativas presentadas por outras tantas coreógrafas galegas. Ángela Blanco, Mónica García, Raquel González, Mª Dolores Fojón, Amparo Novas, Branca Novoneyra, Carlota Pérez e Lucía Piquero recibirán entre 2.000 e 5.800 euros para levar a cabo as súas propostas, entre as que a función social da danza e o traballo interdisciplinar como punto de partida da creación coreográfica destacan como principais pautas de traballo.
[02/11/2010] A sede da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en Santiago de Compostela acolle dende hoxe e ata o vindeiro sábado día 6 un Curso de Óboe impartido polo mestre alemán Klaus Becker, considerado un dos principais oboístas da súa xeración. Un total de sete instrumentistas asisten a estas sesións, organizadas pola Sección de Formación Permanente deste centro para a especialización musical que xestiona a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic.
[29/10/2010] Mercedes Peón e Cristina Pato, as dúas artistas que levaron este ano en vivo a música galega actual ao Womex (World Music Expo) de Copenhague, convenceron nas súas respectivas actuacións diante duns 800 axentes e distribuidores musicais especializados que seguiron con gran entusiasmo os moi diferentes shows das dúas intérpretes. A máis importante feira internacional de música de raíz do mundo pecha mañá na capital dinamarquesa cun balance moi positivo para a delegación empresarial desprazada desde Galicia xunto á Axencia Galega das Industrias Musicais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.
[27/10/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo patrocina a través do programa europeo CREATIVA o encontro de artistas emerxentes "Seisporseis", unha iniciativa interdisciplinar que comeza mañá en Vigo e que se desenvolverá ata o mes de decembro coa participación dun total de 18 xoves creadores/as galegos e portugueses que traballarán coa combinación das artes do movemento co teatro e a plástica.
[26/10/2010] Teatro do Noroeste ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago un total de 6 funcións do seu espectáculo Historias peregrinas, unha nova versión da comedia alegórica escrita por Miguel Anxo Murado e que a compañía que dirixe Eduardo Alonso xa estreara hai 15 anos. O público xeral terá oportunidade de ver a peza o xoves 28, o venres 29 e sábado 30 ás 20.30 h e o domingo 31 ás 18.00 h; en tanto que haberá ademais dous pases matinais previos dedicados a alumnos de ensino secundario o mércores 27 e o xoves 28 ás 11.00 h.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores