Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO LIMIAR (Galicia) e ACASO DANZA (Brasil), en colaboración co CDG: Pangeia

Teatro e danza contemporánea

Dirección e dramaturxia: Fran Núñez, Barbara Aguiar

Despois do éxito de crítica e público obtido en Brasil e Portugal, chega a Galicia este espectáculo creado por entidades galegas, portuguesas e brasileiras con sete artistas en escena fusionando teatro, danza e música. Pangeia é unha proposta inusual, tanto na parte loxística como na creativa. Provocación, cuestionamento dos estereotipos e a pregunta como arma para reflexionar sobre a deriva do supercontinente cultural nun mundo global.

Está creado por Limiar Teatro (Galicia) e Acaso danza (Brasil), en coprodución co Centro Dramático Galego, a Asociación de produtores do Pernambuco APACEPE, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife -pertencente ao núcleo de festivais de Brasil-, e o Teatro da Malaposta de Lisboa. Tamén conta coa colaboración das residencias artísticas Gerarte de Viana do Castelo (Portugal), Casa Colorida de Nigrán (Galicia), Centro Cultural Nautilus de Vigo e co apoio do Concello de Gondomar.

Dirixido por Bárbara de Castro (Premio Nacional de Danza 2012 Brasil novos talentos) e Fran Núñez (Interplay Europa de xoves dramaturgos 2014) busca profundar nos camiños que unen a Galicia, Brasil e Portugal. Falamos da terra, da humanidade, do home dende unha perspectiva contemporánea e multidisciplinar que integra teatro, danza, música, cociña e diferentes acentos e idiomas.

A Pangeia é a historia da terra, a historia da humanidade, a nosa propia historia. Pangeia é separarse para volver a encontrarse, noutro lugar, doutro xeito, noutro tempo como as placas tectónicas na deriva continental. No inicio ficaran xuntas e no fin xuntas van ficar. A Pangeia é crise, movemento, mudanza. É inicio. É fin.

Pangeia achega preguntas que provocan e interpelan ao espectador sobre temas universais, buscando desmontar estereotipos, amosando que eses clichés cobran ou perden sentido dependendo do lugar do mundo onde nos atopemos ou da perspectiva que escollamos para analizalos.
Elenco: Barbara Aguiar, Coco Castro, Ana Catarina Maia, Fran Núñez, Karol Nurza, Manuel Polo, Hugo Rodríguez
Dirección musical e xestual, axudante dirección e composición musical: Jose Carlos Illanes
Dirección vocal: Nuria Gullón
Asistente coreografía: Fernando Oliveira
Ambiente sonoro: Coco Castro
Espazo e iluminación: Coco Castro e Fran Núñez

Ligazóns relacionadas: Documentos relacionados:
pangeia

Datas anteriores

19 de abril
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

17 de abril
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

15 de abril - 18 de abril
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

15 de abril
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)