Ábrese até o 1 de xuño o prazo de inscrición para o Curso de Clown que impartirán Paco González e Petra Hofmann do 23 de xuño ao 13 de xullo de 2008 en Valdeorras, co apoio do IGAEM.
Estrutura: Na primeira semana, danse técnicas de Clown na procura dunha linguaxe propia, mentres que na segunda semana xa se crean personaxes e situacións, invéntanse números ou pequenos fragmentos de obras. A terceira semana dedícase a rematar as ideas e transformalas en posibles exposicións que irán evolucionando ao longo das tres ou catro funcións previstas.
O Clown/Fiasco:
O punto central é o conflito do pallaso e as máscaras. A máscara máis pequena é o nariz vermello do pallaso; é a nosa base para todas as demais máscaras. O pallaso serve para crear o primeiro contacto. O primeiro contacto, o máis directo e profundo co público, iniciado polo actor, xorde da impresión deste encontro.
O ser humano sobre o escenario convértese en actor no encontro co público.
No centro da técnica de pallaso está o FIASCO, a busca do espírito do pallaso. Este aparece, cando el permite que se rían del. As súas perdas e fracasos son finalmente as súas ganancias.
Logo de varios exercicios prácticos e de análise sobre a tradición do pallaso, a relación é comprensible. O pallaso encontra a súa forza sendo o perdedor.
O noso punto de partida non é un texto escrito, senón a evolución das figuras e situacións teatrais.
Horario de traballo
De 9.30 a 10.00: Chi-Gon
De 10.00 a 13.30: Clown
De 13.30 a 16.30: Xantar e descanso
De 16.30 a 17.00: Lingua ou charlas
De 17.00 a 20.00: Clown
De 20.00 a 21.00: Talmi
De 21.00 a 22.00: Cea
Imparten:
-PACO GONZÁLEZ (Vilar de Silva, Valdeorras, 1949). En 1964 emigra cos seus pais a Alemaña e alí recibe a formación de Clown na Escola de Arte Dramática Folkwng Hochschule.
En 1976 remata os seus estudos e traballa, entre outros, nos teatros estatais de Dusseldorf, Bochum, Wuppertal, Mannheim e Frankfurt.
En 1979 crea con Willi Thoczyck o Theater Kohlenpott (teatro independente). Dedica parte do seu traballo á investigación e á pedagoxía, impartindo até hoxe clases de Clown nas Escolas Superiores de Teatro de Essen, Bochum e Munich.
En 1992 comeza a traballar a máscara con Michael Vogel. En 1998 estrean "Ristorante Immortale", espectáculo co que se deron a coñecer por toda Europa. En 2004 estrean "Teatro Delusio", co que saen fóra de Europa. Esta nova línea de traballo é o resultado da investigación sobre o traballo de clown e a máscara.
-PETRA HOFMANN (Babiera, Alemaña, 1975). Cursa estudos de Arte Dramatica na Escola Superior Theater Akademie Munich. Especialízase en formación corporal Chi-Gon e Talmi.
Desde 2005 imparte clases con Paco González.
Prezo do curso: 330 euros (inclúe aloxamento e comida)
Información e inscrición: Os interesados en inscribirse ou en recibir máis información deben enviar un correo electrónico cos seus datos e curriculum a: paco@floez.net, +34-609-324288, +49-172-6031256.
Os inscritos deberán facer un ingreso de 120€ antes do 1 de xuño de 2008 a:
Distribuidora Chao do Prao
IBAN: ES 40 2091 0448 3430 0001 6793
BIC: CAGLESMMXXX
Prazo: 01/05/2008 - 01/06/2008
« Volver