Na temporada 2008-2009, o CDG complementará a súa programación con dúas coproducións destinadas, respectivamente, ao público infantil e ao adulto. Ambos os dous proxectos implicarán o uso dunha linguaxe escénica contemporánea.
Dirixido a: Compañías, colectivos ou creadores/as profesionais galegos/as ou con domicilio habitual en Galiza.
Condicións xerais das coproducións:
-A lingua na que se desenvolverán os proxectos será a galega.
-Os proxectos seleccionados recibirán o apoio económico e a asistencia técnica do CDG, que asociará obrigatoriamente ao proceso de traballo un servizo de dramaturxia.
-A asistencia técnica consistirá en prestar un servizo de análise, asesoramento, planificación e viabilidade de estratexias tanto de xestión, financiamento e comercialización, como dramatúrxicas.
Criterios de selección:
1. Calidade e interese artístico do proxecto.
2. Impacto do proxecto:
-Achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galiza.
-Incorporación de diversas disciplinas e linguaxes escénicas.
-Participación de creadores procedentes de distintas disciplinas artísticas.
3. Xestión do proxecto:
-Fiabilidade e viabilidade, realismo nas previsións orzamentarias e equilibrio financeiro.
-Incorporación de outras entidades á coprodución.
-Proxección exterior.
Selecciona: a directora do CDG, previa valoración do consello asesor do Centro Dramático Galego.
Prazo: As compañías, creadores/as ou colectivos que queiran presentar unha proposta de coprodución co CDG deberán remitir o seu proxecto artístico a partir de febreiro de 2008.
Farase pública unha primeira resolución en xullo de 2008 e unha segunda a finais do mesmo ano.
O CDG comprométese a responder a todos os proxectos presentados.
Prazo: 01/02/2008 - 20/12/2008
Solicítase
Centro Dramático Galego
Enderezo: Salón Teatro. Rúa Nova, 34. CP. 15705 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 / 881 867 228
Fax: 881 867 230
centro.dramatico.galegoxunta.es
« Volver