Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Axudas do IGAEM: convocatoria 2008

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a nova convocatoria, correspondente a 2008, de axudas do IGAEM ao sector escénico e musical galego. O texto íntegro do DOG para solicitar cada unha das sete modalidades previstas pode consultarse aquí.

Aplicación informática para facilitar a cobertura de anexos e obter unha previsión de puntuación: http://igaem.xunta.es/axudas/

Modalidades:

A. Actividade escénica (anual para a produción e distribución de novos espectáculos, e bianual para a continuidade da actividade escénica):
A.1. Nova creación
A.2. Actividade escénica no ámbito do teatro de actor e de monicreques
A.3. Actividade escénica no ámbito da danza
A.4. Investimentos produtivos no ámbito da maxia

Dirixido a: Persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade teatral, de danza ou de maxia, con domicilio ou sede social en Galiza.

Presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro.

B. Programa Crédito-Cultura:

Dirixido a: Sociedades mercantís dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución no ámbito das artes escénicas e musicais, con domicilio ou sede social en Galiza.

Presentación de solicitudes: Un mes dende a formalización dos créditos ou préstamos obxecto de subsidiación e, en todo caso, con anterioridade ao 31 de outubro. Para os préstamos formalizados antes da publicación da resolución, o 15 de febreiro.

C. Distribución:

C.1. Distribución exterior dos espectáculos de de artes escénicas e musicais
Dirixido a: Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, con domicilio ou sede social en Galiza.

Presentación de solicitudes: Para os espectáculos distribuídos entre o 16 de novembro de 2007 e o 14 de xaneiro de 2008, o prazo finaliza o 15 de febreiro. Para o resto, o 31 de outubro.

C.2. Asistencia a feiras e outras plataformas de exhibición musical
Dirixido a: Sociedades mercantís dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de música, con domicilio ou sede social en Galiza.

Presentación de solicitudes: Para os espectáculos distribuídos entre o 16 de novembro de 2007 e o 14 de xaneiro de 2008, o prazo finaliza o 15 de febreiro. Para o resto, o 31 de outubro.

C.3. Promoción e difusión
Dirixido a: Sociedades mercantís dedicadas á actividade de produción e distribución no ámbito da música, dirixidas a proxectos de promoción e difusión de traballos discográficos galegos editados durante o segundo semestre de 2007 e durante 2008.

Presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro.

C.4. Distribución de espectáculos en feira
Dirixido a: Persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con domicilio ou sede social en Galiza.

Presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro.

D. Dotación e investimentos para a Rede Galega de Teatros e Auditorios:

Dirixido a: Entidades públicas titulares de teatros, auditorios e outros espazos integrados na Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro.

E. Salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada:

Dirixido a: Espazos de titularidade privada, con capacidade non superior ás 300 prazas e cunha programación estable ou actividade de apoio á creación de espectáculos relacionados coas artes escénicas en xeral.

Presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro.

F. Asociacionismo profesional no ámbito das artes escénicas e musicais:

Dirixido a: Entidades e asociacións profesionais representativas das empresas e profesionais no sector do teatro, a danza e a música.

Presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro.

G. Formación especializada:

Dirixido a: Persoas físicas maiores de 18 anos que teñan a súa residencia ou lugar de traballo en Galiza e estean vinculadas á actividade de produción e distribución profesional de artes escénicas e musicais.

Presentación de solicitudes: En todo caso, antes do 15 de outubro.

Prazo: 14/01/2008 - 31/10/2008

Documentos relacionados

« Volver

Outras convocatorias