Resolución do 15 de outubro de 2007, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 16 de novembro.
Prazo: 16/11/2007 - 31/12/2007
Dirixido a: Persoas físicas e xurídicas que teñan como actividade habitual a produción e distribución mercantil de espectáculos de maxia, con domicilio ou sede social en Galicia, quedando excluídas as asociacións e demais entidades sen fins de lucro.
Actuacións subvencionables: Os proxectos de investimento poderán incluír:
-Aparellos de maxia ou aparellos de específica e insubstituíble necesidade para a creación de momentos máxicos, segundo a seguinte clasificación:
a) Aparellos de maxia certificados de nova adquisición, cun prezo unitario non inferior aos 1.500 €.
b) Aparellos de fabricación sobre plano, cun prezo unitario non inferior aos 2.000 €.
c) Aparellos de nova creación, cun prezo unitario non inferior aos 3.000 €.
-Equipamento escénico, cun prezo unitario non inferior aos 1.000 €, consistente en:
a) Equipamento de son.
b) Equipamento de luz.
c) Equipamento escenográfico.
-Vehículos industriais.
Documentación: Bases publicadas no DOG nº 102 de 29 de maio.
Información sobre o importe: Subvencionarase, como máximo, o 50% do importe total do proxecto de investimento presentado, cun límite máximo de 10.000 € por beneficiario e un límite mínimo de 3.000 €.
O orzamento global destinado a estas axudas é de 60.000 €.
Solicítase
Axencia Galega das Industrias Cultuarais
Enderezo: Cidade da Cultura de Galicia. Centro de Emprendemento Monte Gaiás s/n. CP. 15707 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 99 60 77 / 881 99 60 78
agadicxunta.es
http://www.agadic.gal
« Volver