Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Selección de 1 praza de actriz/manipuladora de monicreques para o Centro Dramático Galego: inscrición

O Centro Dramático Galego (CDG) convoca unha audición para a selección de 1 praza de actriz/manipuladora para a súa vindeira produción, Valdemuller, dirixida por Pablo Vergne. A previsión de duración do contrato será de decembro de 2007 a maio de 2008, ambos os meses incluídos.

Data e lugar da audición: 7 de novembro de 2007 no Salón Teatro (Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela).

Horario: segundo convocatoria.

Inscrición: enviando currículum vitae a centro.dramatico.galego@xunta.es, incluíndo no mesmo DNI, data de nacemento, teléfono, enderezo postal e correo electrónico.

Posteriormente, os días 5 e 6 de novembro, comunicarase mediante correo electrónico a aceptación á audición.

Prazo: 24/10/2007 - 04/11/2007

Solicítase
Centro Dramático Galego
Enderezo: Salón Teatro. Rúa Nova, 34. CP. 15705 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 / 881 867 228
Fax: 881 867 230
centro.dramatico.galegoa r r o b axunta.es

« Volver