Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Seminario de Planificación Empresarial: inscrición na segunda edición

Datas de celebración: 12, 13, 14, 15, 21 e 22 de novembro de 2007

Horario: de 16.30 a 20.30 h.

Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas, s/n. Santiago de Compostela)

Profesor: Fernando M. Valdueza

Prazas: limitadas (por orde de inscrición)

Matrícula: gratuíta

Organiza: IGAPE e Bic-Galicia, en colaboración co IGAEM

O Seminario de Planificación Empresarial axudará a coñecer os conceptos básicos necesarios para enfocar o plan de negocio, deseñar o proxecto de empresa e contrastar a viabilidade do mesmo, en sesións eminentemente prácticas e impartidas por profesionais recoñecidos do mundo da empresa e da formación.

Este seminario consta de seis sesións de formación presencial de catro horas cada unha, que serán complementadas con titorías de asesoramento individual.

Obxectivos:
-Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do plan de negocio.
-Deseñar e elaborar o proxecto de empresa.
-Contrastar a viabilidade do proxecto empresarial.

Programa e contidos:
O programa facilitará ao emprendedor a metodoloxía e instrumentos necesarios para desenvolver o plan de empresa, de aí que o seminario sexa útil para emprendedores cunhas ideas de negocio que estean desenvolvidas cualitativamente (definido o negocio, clientes, mercado, organización, etc.) e teñan un esbozo cuantitativo da idea (recursos necesarios, inversións, prezos, etc.), traballando en cada caso o seu proxecto individual durante toda a acción formativa de acordo cos seguintes contidos:

1. Emprendedor e empresa
2. Ó ámbito de actuación da empresa
3. Os procesos e a organización interna
4. Desenvolvemento do plan de empresa
5. A viabilidade económica da empresa
6. A viabilidade financeira da empresa
7. Desenvolvemento do plan económico / financeiro
8. Titorías personalizadas

Prazo: Inscrición do 8 ao 28 de outubro, achegando unha mensaxe ao enderezo electrónico igaem@xunta.es baixo o asunto "Curso Planificación Empresarial", na que se indique:
-Nome e apelidos do alumno/a
-Empresa á que pertence
-Cargo
-Teléfono de contacto e correo electrónico

Prazo: 08/10/2007 - 22/11/2007

« Volver