Curso
Obradoiro de movemento físico e a súa aplicación á escena. Forza e fraxilidade
Profesor
Iñaki Azpillaga
Datas e horario
Do 10 ao 14 de setembro de 2007, de 10.00 a 14.00 h.
Lugar
Centro Coreográfico Galego (A Coruña)
Nº de prazas
20
Este obradoiro busca afondar na experiencia do movemento físico e na súa aplicación á escena. O traballo está fortemente relacionado co que Azpillaga realiza en Bruxelas coa compañía de Win Vandekeybus.
O curso percorrerá os terreos do movemento, a danza e a expresión escénica, animando aos alumnos a traspasar os seus propios límites. Prepararase aos participantes para as esixencias físicas deste tipo de danza, ao tempo que se experimenta con exercicios de distintos materiais de danza, formas de improvisación, ideas coreográficas e, máis en profundidade, a relación do movemento co chan e a confrontación entre os intérpretes.
Iñaki Azpillaga
Iñaki Azpillaga iníciase na danza a través do folclore vasco. Comeza os seus estudos de ballet clásico e vai descubrindo outras disciplinas. Despois de bailar na Compañía Nacional de Ballet Clásico de España, dirixe a súa carreira cara á danza contemporánea traballando con distintos grupos e producións.
Estudou composición, improvisación e iluminación de danza na escola de Louis Nicolais de Nova York. A raíz dun encontro con Wim Vandekeybus trasládase a Bruxelas para traballar con el nas súas creacións. Posteriormente asiste ao propio Vandekeybus nas súas coreografías e crea a obra Closeduction.
Actualmente imparte talleres de danza por toda Europa e asiste ás compañías de Win Vandekeybus, Damaged Goods, Need Company e Charleroi/Danses.
Prazo: Inscrición do 1 ao 31 de agosto de 2007.
Prazo: 01/08/2007 - 14/09/2007
Documentación: Para formalizar a matrícula:
- Encher o modelo oficial
- Achegar C.V.
- Fotocopia de DNI
- Fotografía tamaño carné
- Para o desconto: fotocopia carné estudante, desempregado ou xustificante de pertenza a calquera asociación profesional de danza.
- Xustificante do ingreso bancario.
Información sobre o importe: Matrícula: 80 euros.
Dirixirse a: Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña
Tel: 981 13 49 46 / Fax. 981 13 82 94
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Horario de 9:00 a 14:00 horas
Solicítase
Centro Coreográfico Galego
Enderezo: Complexo Deportivo de Elviña. Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n 15008 - A Coruña
Teléfono: 881 960 543 / 881 960 547
Fax: 881 960 548
documentacion.ccgxunta.gal / formacion.ccg
xunta.gal
« Volver