Ábrese o prazo de recepción de obras para esta nova serie de música impresa.
Unha comisión de valoración estudará a calidade das obras presentadas e fará a proposta de edición de dúas delas, proposta que será sometida á aprobación do Consello Reitor do IGAEM.
Prazo: 01/06/2007 - 01/10/2007
Descrición: O IGAEM vén editando, en colaboración coa editora Dos Acordes, a colección Ars Gallaeciae Musicae, publicacións de música impresa que dan cabida a obras de recoñecido interese de compositores/as galegos/as de renome. En 2006 abriuse dentro desta colección unha serie nova denominada Agra Nova, para acoller obras de compositores/as galegos/as actuais.
Dirixido a: Compositores/as galegos/as actuais.
Requirimentos: Os interesados deberán remitir en prazo catro copias impresas da partitura (como máximo, tres traballos por autor).
–Xunto coa partitura deberase acompañar currículo do autor, comentario ou sinopse da obra presentada e datos de contacto do autor, así como gravación ou documento midi da obra en caso de dispoñer dela.
– Os autores das obras finalmente seleccionadas para a súa edición deberán achegar o traballo en soporte electrónico, en programa finale ou semellante. Así mesmo, as partes instrumentais só serán necesarias no caso das obras seleccionadas e serán requiridas no seu momento.
– Dos traballos non seleccionados para a súa edición dentro da serie Agra Nova, a comisión de valoración realizará unha escolla de entre tres e cinco susceptibles de seren postos á venda a través da web da editora Dos Acordes, en conformidade, sempre, cos autores dos mesmos.
– Os traballos finalmente non seleccionados serán destruídos.
Periodicidade: Anual
Dirixirse a: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais
Departamento de Publicacións
Colección Ars Gallaeciae Musicae
Rúa da Vesada, s/n San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 577 126, extensión: 108
« Volver