Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Curso de Saxofón da Escola de Altos Estudos Musicais: inscrición na edición de 2006

Claude Delangle e Marie Bernadette Charrier, profesores do Conservatorio Nacional Superior de Música de París e do Conservatorio Nacional da Rexión de Bordeos, respectivamente, imparten este curso dividido en dous encontros.

1º ENCONTRO, por Claude Delangle

Clases individuais:
15 de novembro, de 17.30 a 20.30 h.
16 de novembro, de 10.30 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h.
17 de novembro, de 11.00 a 13.00 h.

Actividades complementarias:
16 de novembro, ás 20.00 h., Concerto S@X 21
17 de novembro, ás 20.00 h., Concerto de Claude Delangle e Marie Kobayashi

2º ENCONTRO, por Marie Bernadette Charrier

Clases individuais:
29 de novembro, de 10.30 a 13.30 h.
30 de novembro, de 10.30 a 13.30 h. e de 16.00 a 19.00 h.
1 de decembro, de 10.30 a 13.30 h.

Actividades complementarias:
29 de novembro, ás 20.00 h., Concerto de M.B. Charrier
30 de novembro, ás 19.00 h. Análise de repertorio: XAS-Iannis Xenakis
1 de decembro, ás 18.00 h. Conferencia de Christoph Havel e concerto S@X21

Prazo: O prazo de inscrición remata o 10 de novembro.

Prazo: 01/10/2006 - 01/12/2006

Dirixido a: Estudantes e intérpretes de saxofón. Admítese un máximo de 15 alumnos activos por rigorosa orde de recepción de solicitudes.

Matrícula
Alumnos activos: 180 euros
Alumnos oíntes: 80 euros

Documentación: Formulario de inscrición xunto co xustificante do ingreso bancario.

Dirixirse a: Escola de Altos Estudos Musicais
Sección de Formación Permanente
Finca Vista Alegre, rúa Salvadas, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 554 222
Horario de información: de 10.00 a 14.00 h., de luns a venres

« Volver