Aberto o prazo de recepción de propostas de espectáculos para participar nas programacións específicas de teatro, monicreques danza, música e maxia no primeiro semestre do ano 2007.
Prazo: Recepción de propostas até o 3 de novembro de 2006.
Documentación:
1. Ficha de inscrición debidamente cuberta
2. Autorización, de ser o caso, do/a representante
3. Material audiovisual, gráfico, sonoro...
4. Dúas fotografías dixitais (formatos jpg, jpeg, tif ou bmp) do espectáculo /concerto (resolución de 300 px )
5. Para inscricións novas, débese aportar ademais:
-Persoas físicas: fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou tarxeta de residente; e certificado de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente (Axencia da Administración Tributaria).
-Persoas xurídicas: fotocopia compulsada do CIF, ou documento equivalente; certificado de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente (Axencia da Administración Tributaria); e fotocopia compulsada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución, inscritos no rexistro correspondente.
Prazo: 06/07/2006 - 03/11/2006
Dirixido a: Compañías escénicas profesionais galegas
Requirimentos: Os esixidos no Regulamento da RGTA (DOG de 30 de novembro de 2006)
Documentación: A esixida nos formularios que se amosan na intranet de galescena.info
Periodicidade: Semestral
Dirixirse a: IGAEM. Departamento de Programación
Rúa da Vesada, s/n
15703 Santiago
Tf.: 981 57 71 26 ext. 103
Fax 981 57 34 53
programacionigaem.1@xunta.es
programacionigaem.2@xunta.es
« Volver