Coordinado por Cándido Pazó, o curso parte da identificación e estudo dos múltiples temas que poidan definir a actualidade para rastrexar e experimentar os distintos enfoques, estratexias e camiños dramatúrxicos que permitan abordalos.
O encontro estrutúrase en tres seminarios:
-O tema. Sobre que queremos escribir?
Datas: 13-17 de novembro de 2006
Profesor: Cándido Pazó
-A estrutura dunha peza
Datas: xaneiro de 2007
Profesor: Paco Zarzoso
-Diálogos. O acabado dunha peza
Datas: 5-9 marzo
Profesor: Abel Neves
Trala celebración de cada un dos obradoiros, establecerase un período de seguimento dos textos dos alumnos.
Prazo: Inscrición do 12 de setembro ao 23 de outubro de 2006
Prazo: 12/09/2006 - 09/03/2007
Dirixido a: Persoas con interese na escrita teatral, preferiblemente con experiencia ou formación probada en artes escénicas.
Límite de prazas: 12 (por orde de inscrición)
Documentación: Solicitude de matrícula
Curriculum vitae
Fotografía tamaño carné
Xustificante do pagamento na entidade bancaria (para a formalización da matrícula)
Información sobre o importe: A matrícula ten un prezo de 240 euros, cun desconto do 50% para profesionais da escena, estudantes e persoas desempregadas.
Dirixirse a: Centro Dramático Galego
Rúa Nova, 34
Santiago de Compostela
Tf: 981 581 111 / 981 581 572
Horario: de 9.00 a 14.30 h.
« Volver