• 8 e 9 de maio. Taller de creación de danza contemporánea, con Esther Latorre.
• 15 e 16 de maio. Taller de danza contemporánea Choreo Toolbox, con Mercé de Rande.
• 5 de xuño. Obradoiro de danza contemporánea: técnica Laban, con Paula Quintas.
• 5-9 de xullo. Curso de danza clásica e repertorio: "A entrada no mundo profesional", con Carmen Paris.
• 12-15 de xullo. Taller de prevención de lesións: Adapt Method, con María Jesús Peces-Barba.
• 19-23 de xullo. Clases maxistrais de danzas urbanas, con Alba Fernández, Samuel Galán, Noelia López e Sabela Domínguez.
• 26-30 de xullo. Curso de tap dance e ritmo, con John O'Brien.
• 3-5 de setembro. Curso de danza contemporánea Drop & Catch, con Dana Raz e Sharon Fridman.
• 1-3 de outubro. Taller de xestión, produción e distribución para emerxentes, con Manu Lago.
Nun ano no que a pandemia segue a marcar as nosas vidas, o Centro Coreográfico retoma o seu programa formativo, atendendo sempre ás medidas antocovid vixentes en cada momento, para intentar contribuír á recuperación da actividade cultural nos seus distintos niveis de desenvolvemento.
Con tal fin, organízanse nove cursos, obradoitos e encontros pensados
para todas as persoas que de dedican á danza, desde
bailaríns/as profesionais e coreógrafos/as ata estudantes docentes e mesmo para aqueles/as que non bailaron nunca e queren probar algunha das disciplinas que ofertamos co fin de apreciar a nosa arte cando formen parte do público.
Abordamos este ano temáticas moi diversas, para as que volvemos contar cun profesorado experto e de recoñecida traxectoria nos seus respectivos ámbitos:
Prazo: Do 12 de abril ao 14 de maio
Dirixido a: De xeito prioritario, a profesionais, docentes e estudantes de danza.
Dirixirse a: Centro Coreográfico Galego
Complexo Polideportivo de Elviña
Praza Agustín Díaz, 1. 15008 A Coruña
formacion.ccg@xunta.gal
Solicítase
Centro Coreográfico Galego
Enderezo: Complexo Deportivo de Elviña. Praza de Agustín Díaz Sánchez, s/n 15008 - A Coruña
Teléfono: 881 960 543 / 881 960 547
Fax: 881 960 548
documentacion.ccgxunta.gal / formacion.ccg
xunta.gal
« Volver