Coincidindo coa celebración en 2011 do Ano da Música, a Consellería de Cultura e Turismo promove o circuíto de concertos Galicia é Música, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en colaboración con diferentes concellos. A programación percorrerá diversos puntos de Galicia entre os meses de xuño e setembro.
Neste programa poderá participar calquera persoa física ou xurídica dedicada profesionalmente á promoción e distribución de música, sempre que acredite a súa alta no IAE no exercicio actual na epígrafe ou subepígrafe correspondente, así como o cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social respecto da súa actividade profesional, quedando excluídas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
SOLICITUDE:
Os artistas ou grupos musicais interesados en participar nesta convocatoria deberán cubrir o modelo de solicitude, dispoñible para a súa descarga ao final desta páxina, e envialo por correo electrónico a programacionagadic.2@xunta.es.
PRAZO:
Ata o 12 de abril.
PRESELECCIÓN:
Á vista de todas as solicitudes recibidas, un comité integrado por persoal da Agadic e expertos do sector será o encargado de preseleccionar as propostas que configurarán a oferta que se lles achegará aos concellos participantes neste circuíto.
Aos grupos preseleccionados se lles indicará, no seu momento, o resto de documentación artística a presentar.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Para aqueles cachés que superen o prezo por concerto de 11.000 € sen necesidades técnicas e de 15.000€ con necesidades técnicas incluídas (en ambos casos incluídos todos os impostos), será imprescindible o cobro de entrada por parte do concello.
Prazo: 31/03/2011 - 12/04/2011
Documentos relacionados« Volver