Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Circuítos de distribución promovidos pola Agadic: inscrición de espectáculos e concertos

Ábrese do 22 de marzo ao 15 de abril o prazo de inscrición de espectáculos e concertos cara á configuración dos seguintes períodos de programación nos circuítos de distribución escénica e musical promovidos pola Agadic:

Xuño-setembro 2011:
-Camiños da Cultura

Xullo-decembro 2011:
-Rede Galega de Teatros e Auditorios
-Rede Galega de Salas
-Rede Galega de Música ao Vivo

Dirixido a: compañías e grupos de carácter profesional.

Proceso de inscrición: As compañías e grupos interesados en ofertar os seus espectáculos e concertos nas devanditas programacións (incluídos os xa inscritos en anteriores temporadas) deben darse de alta a través da páxina galescena.info, premendo no botón "grupos e compañías", solicitando a alta correpondente e cubrindo todos os campos solicitados.

A continuación, e tras recibir no seu correo electrónico de contacto unha notificación de validación, deberán entrar de novo na web e crear as fichas dos espectáculos que queiran ofertar, sinalando así mesmo as redes nas que estean interesados en participar.

Unha vez rematado o proceso de inscrición de espectáculos e concertos, abrirase un período de programación durante o que os responsables dos espazos asociados a cada unha das redes deseñarán as súas respectivas ofertas escénicas e musicais.

Normas de funcionamento:
-Rede Galega de Teatros e Auditorios: galego / castelán.
-Rede Galega de Salas: galego / castelán.
-Rede Galega de Música ao Vivo: galego / castelán.
-Camiños da Cultura: galego

Máis información no apartado de "documentación" de galescena.info.

Prazo: 22/03/2011 - 15/04/2011

Dirixirse a: Departamento de Programación
Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais)
Rúa da Vesada, s/n. San Lázaro
15703 Santiago de Compostela

Tel.: 981 577 126 (ext. 103)
Correo-e: programacionagadic.1@xunta.es / programacionagadic.2@xunta.es

« Volver

Outras convocatorias