A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal colaboran na organización da cuarta edición do intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o circuíto portugués Outonalidades.
Os grupos galegos interesados en formar parte desta programación, que se desenvolverá no último trimestre de 2011 en salas de música portuguesas, deben formalizar a súa inscrición ata o 14 de marzo a través da páxina web:
www.dorfeu.pt/outonalidades
Consideracións a ter en conta por parte dos grupos
-Existen catro tramos de cachés: 300€-400€-500€-600€
-A d’Orfeu Associação Cultural, en colaboración coa Agadic, garante por cada concerto o pago do caché do grupo contra recibo legal (impostos engadidos) e os gastos de desprazamento (0,19€ km e pago de peaxes).
-As salas portuguesas garanten o aloxamento, xantar e rider técnico para os músicos e técnicos do grupo.
Selección e programación
-Unha vez realizada a inscrición dos grupos, farase unha selección previa que se achegará ás salas.
-As salas realizarán a súa programación poñéndose en contacto coa d’Orfeu Associação Cultural, que centralizará o proceso de programación e, á súa vez, contactará cos grupos para o peche de datas.
Máis información sobre o funcionamento desta programación:
-Agadic. Departamento de Programación: programacionagadic.1@xunta.es
-d’Orfeu Associação Cultural: outonalidades@dorfeu.pt
Prazo: 01/03/2011 - 14/03/2011
« Volver