Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil: edición 2011

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca o VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, segundo as bases publicadas no DOG nº 41, do 1 de marzo de 2011. A súa dotación económica é de 6.000 euros. Así mesmo, a Agadic poderá editar o texto galardoado nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame.

O período de admisión remata o 3 de xuño de 2011. A decisión do xurado producirase antes do 30 de novembro de 2011.

Dirixido a: Persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.

Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo. Quedan excluídas as obras de teatro breve e os textos para teatro de monicreques.

Quedarán excluídos os orixinais que resultasen ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña, os autores que resulten galardoados na edición 2011 non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias posteriores.

Forma de presentación: Os orixinais deben remitirse dentro do prazo establecido á sede da Agadic en Santiago (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro, 15703) por sextuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, paxinados e grampados ou encadernados.

Na portada de cada unha das copias indicarase unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan. Non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato.

Documentación: Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria deberán entregar un sobre pechado que reflicta no exterior os mesmos datos que na portada dos textos presentados (título e/ou lema e premio a que optan. No interior deste sobre pechado deberá incluírse:
-solicitude de participación debidamente cuberta e asinada segundo o anexo que figura ao final das bases.
-fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
-declaración asinada polo autor de que o texto presentado non foi publicado nin premiado en ningún momento anterior.

Xurado: Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un membro do cadro de persoal da Agadic proposto pola Dirección da Axencia.

Criterios de valoración:
-Calidade literaria: 30 puntos
-Calidade dramática: 30 puntos
-Viabilidade escénica: 20 puntos
-Adecuación á especificidade de cada premio: 10 puntos
-Coidado da lingua: 10 puntos

Anteriores premios Manuel María
2010 Xavier Lama: Os reloxos preguiceiros de Néboa
2009 Xosé A. Neira Cruz: Sopa de xarope de amora
2008 Teresa González Costa: Pingueiras e tarteiras
2007 Carlos Losada Galiñáns: Game over
2006 Paula Carballeira: Boas Noites

Prazo: 01/03/2011 - 03/06/2011

Periodicidade: Anual

Dirixirse a: AGADIC
Rúa da Vesada s/n, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128 (ext. 108)

Leis relacionadas

« Volver