Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais: edición 2011

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca o XX Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, segundo as bases publicadas no DOG nº 41, do 1 de marzo de 2011. A súa dotación económica é de 6.000 euros. Así mesmo, a Agadic poderá editar o texto galardoado nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame.

O período de admisión remata o 3 de xuño de 2011. A decisión do xurado producirase antes do 30 de novembro de 2011.

Dirixido a: Persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.

Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo. Quedan excluídas as obras de teatro breve e os textos para teatro de monicreques.

Quedarán excluídos os orixinais que resultasen ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña, os autores que resulten galardoados na edición 2011 non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias posteriores.

Forma de presentación: Os orixinais deben remitirse dentro do prazo establecido á sede da AGADIC en Santiago (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro, 15703) por sextuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, paxinados e grampados ou encadernados.

Na portada de cada unha das copias indicarase unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan. Non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato.

Documentación: Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria deberán entregar un sobre pechado que reflicta no exterior os mesmos datos que na portada dos textos presentados (título e/ou lema e premio a que optan. No interior deste sobre pechado deberá incluírse:
-solicitude de participación debidamente cuberta e asinada segundo o anexo que figura ao final das bases.
-fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
-declaración asinada polo autor de que o texto presentado non foi publicado nin premiado en ningún momento anterior.

Xurado: Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un membro do cadro de persoal da Agadic proposto pola Dirección da Axencia.

Criterios de valoración:
-Calidade literaria: 30 puntos
-Calidade dramática: 30 puntos
-Viabilidade escénica: 20 puntos
-Adecuación á especificidade de cada premio: 10 puntos
-Coidado da lingua: 10 puntos

Anteriores premios Álvaro Cunqueiro
2010 Raúl Dans: Chegamos despois a unha terra gris
2009 Manuel Lourenzo: Flores de Dunsinane
2008 Teresa González Costa: Sempre quixen bailar un tango
2007 Roberto Salgueiro: Historia da chuvia que cae todos os días
2006 Manuel Guede: Ocaso Otero
2005 Rubén Ruibal: Limpeza de sangue
2004 Antón Lopo: Os homes só contan até tres
2003 Siro López: Hai que confiar na esperanza
2002 Roberto Salgueiro: Molière final
2001 Afonso Becerra de Becerreá: Agnus patris
2000 Roberto Salgueiro: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
1999 Deserto
1994 Raúl Dans: Lugar
1993 Manoel Riveiro: O prazo
1992 Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido: Copenhague
1991 Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor
1990 Agustín Magán: Os rebertes
1989 Euloxio R. Ruibal: Azos de esguello
1988 Roberto Salgueiro: O arce do xardín

Prazo: 01/03/2011 - 03/06/2011

Periodicidade: Anual

Dirixirse a: AGADIC
Rúa da Vesada s/n, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128 (ext. 108)

Documentos relacionados

« Volver