Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Axudas da AGADIC ao sector audiovisual: recollida de proxectos non subvencionados 2010

O prazo de retirada dos dossieres de proxectos non subvencionados, presentados por produtoras e creadores individuais ás distintas convocatorias de axudas da Agadic en 2010, finaliza nas seguintes datas:

16 de marzo de 2011: produción de longametraxes e curtametraxes.
21 de marzo de 2011: contidos interactivos, talento e desenvolvemento.

Todo aquel que o considere pode recoller a documentación en persona, ou delegando a representación cunha autorización por escrito, nas dependencias que o departamento audiovisual da Agadic ten na rúa do Hórreo, 61, 1º D, en Santiago de Compostela.

Tal e como se recolle nos distintos textos das convocatorias, concretamente no punto 4 do artigo 3º relativo ás solicitudes, "a documentación técnica dos proxectos que non fosen subvencionados poderá ser retirada por petición dos solicitantes no prazo de seis meses a partir da data da resolución da adxudicación. En todo caso, transcorrido o dito prazo, esta documentación será destruída co obxecto de garantir a confidencialidade dos datos".

Prazo: 22/09/2010 - 21/03/2011

« Volver

Outras convocatorias