ASPIRANTES SELECCIONADOS NAS AUDICIÓNS (07/03/2011)
Faise pública a resolución do proceso de selección de actores/actrices-cantantes para a próxima produción do Centro Dramático Galego, A ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht e Kurt Weill.
ASPIRANTES ADMITIDOS ÁS AUDICIÓNS (17/02/2011)
Pódese descargar aquí a relación de aspirantes admitidos, así como a data, horario e lugar de celebración das audicións.
CONVOCATORIA (04/02/2011)
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de creación, produción e distribución teatral adscrita á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), convoca un proceso de selección a través de audición pública para a contratación de 5 prazas de actores-cantantes e outras 5 de actrices-cantantes para a súa produción do ano 2011, "A ópera dos tres reás", de Bertolt Brecht e Kurt Weill.
Os aspirantes deberán presentar a súa solicitude preferentemente por correo postal ao Centro Dramático Galego-Salón Teatro, na Rúa Nova, 34, 15705-Santiago de Compostela, no rexistro da Agadic ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, xunto coa seguinte documentación:
-Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte (os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán presentar, ademais, unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor).
-Curriculum vitae no que conste estudos ou experiencia acreditada en interpretación e canto, referidos á data de finalización de presentación de solicitudes.
-Fotografía de corpo enteiro.
-Con carácter opcional, poderán enviarse un CD, DVD, do/a solicitante co material videográfico sobre o seu traballo.
O prazo de presentación remata o día 10 de febreiro.
As audicións celebraranse en Santiago de Compostela, no lugar, día e hora que será comunicado con antelación suficiente aos candidatos e candidatas seleccionados aos que se lles facilitarán os materiais dramatúrxicos e musicais necesarios para as probas.
A selección de admitidos para a audición será realizada polos directores responsables da nova produción atendendo aos criterios de idoneidade dramatúrxica, experiencia teatral e musical.
Todas as listaxes que xere a selección definitiva serán publicadas no taboleiro de anuncios da Agadic e na páxina web www.agadic.info.
As bases da convocatoria (.pdf) e o modelo de instancia (.doc) poden descargarse nos documentos relacionados ao final desta páxina.
Prazo: Do 4 ao 10 de febreiro
Dirixirse a: Centro Dramático Galego
Salón Teatro. Rúa Nova, 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 581 111
« Volver