Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Audicións para a nova produción do CCG: convocatoria

O Centro Coreográfico Galego convoca un proceso de selección para a contratación de 6 prazas de bailarinas e 6 de bailaríns para a súa produción de 2011. Segundo as bases publicadas o 15 de decembro de 2010 na web da Agadic, os interesados en participar nas audicións teñen de prazo ata o 28 de decembro para remitir as súas solicitudes.

As audicións celebraranse na Coruña, na sede do Centro Coreográfico Galego (Rúa Glasgow 11. Complexo Deportivo de Elviña), os días 17 e 18 de xaneiro de 2011, entre as 10:00 e as 14:00 horas; e entre as 15:30 e as 20:00 horas. Os posibles cambios de datas e horarios publicaranse na páxina web www.agadic.info. e por correo electrónico aos interesados.

As probas constarán das seguintes fases:
1. Clase de danza clásica académica, cunha hora e media de duración. Esta fase será eliminatoria.
2. Desenvolver unha variación clásica ou contemporánea, así como unha improvisación, nun tempo máximo de 5 minutos.
3. Entrevista persoal.

Prazo: Do 16 ao 28 de decembro de 2010

Prazo: 15/12/2010 - 28/12/2010

Documentos relacionados

« Volver

Outras convocatorias