A Agadic patrocina a terceira edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, que se desenvolve do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Asociación Culturgal, integrada polas principais asociacións profesionais da industria cultural galega, encárgase da organización do evento, cunha folla de ruta sólida trazada activamente polo sector.
Co obxectivo prioritario de visibilizar a oferta cultural do país na súa totalidade, ábrese unha convocatoria de participación dirixida a todas as empresas e proxectos culturais de Galicia. Ademais de ofrecer stands no recinto con tarifas asequibles, a organización prevé a cesión de espazos gratuítos a proxectos novos e de calidade, que se adapten aos valores e obxectivos da asociación e dean conta da excelente saúde da que goza a creación culural galega. Dependendo da súa natureza, as propostas seleccionadas terán un espazo propio nunha área diferenciada do recinto feiral ou na programación de actividades da feira.
As solicitudes e a documentación deben ser recibidas antes do 29 de outubro no enderezo electrónico organizacion@culturgal.com
-BASES DA CONVOCATORIA
-FORMULARIO DE INSCRICIÓN
-DOSSIER CULTURGAL 2010
Prazo: 20/10/2010 - 29/10/2010
« Volver