Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil: resolución 2010

OBRA GAÑADORA: Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama

O xurado decidiu por maioría outorgar o V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil a Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama, recoñecendo con este galardón a orixinalidade do tema, a fantasía na concepción dos personaxes, o alto grao de elaboración literaria do texto e a singularidade ontolóxica do mundo creado.

Ademais, o humor envolve os diálogos e a acción, situada na cidade de Néboa durante unha "aparente rebelión" de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo cos conseguintes trastornos para os seus cidadáns. Don Cuco Campá, o Superreloxeiro Experto no Cómputo do Tempo Todo, buscará a solución a este misterio descubrindo todo un mundo de segredos ao seu redor.

XAVIER LAMA
Nado en Santa Euxea-Guntín (Lugo), actualmente traballa na Televisión de Galicia e exerce como profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Colaborou como en distintos medios de prensa: El País, Liberación, La Luna de Madrid, El Correo Gallego, Heraldo de Aragón, Diario de Navarra, La Crónica de León, Canarias 7, Radio Cadena Española, etc.

Polos seus traballos xornalísticos recibiu galardóns como o Air France para novos periodistas, Galicia de Xornalismo ao mellor artigo do ano 1989, L’Oréal de xornalismo literario, etc.

Obtivo tamén diversos premios no ámbito literario. Entre eles, o Álvaro Cunqueiro de narrativa (concellos de Vigo e Mondoñedo), o Camiño de Santiago, o Rafael Dieste e o María Casares de teatro, ou o Esquío e o González Garcés de poesía. Estreáronse catro dos seus textos teatrais e dúas desas obras (O peregrino errante que cansou ó demo e Memoria de Antígona) foron postas en escena polo CDG. Tamén é co-autor de Bicos con lingua, que segue representándose desde o ano 2003.

Conta con obra publicada en dezaseis libros como autor ou co-autor.

___________________________________________________________

Anteriores premios Manuel María
2009 Xose A. Neira Cruz: Sopa de xarabe de amora
2008 Teresa Gonzalez Costa: Pingueiras e tarteiras
2007 Carlos Losada: Game Over
2006 Paula Carballeira: Boas Noites

Prazo: 18/10/2010 - 31/12/2010

Periodicidade: Anual

Dirixirse a: AGADIC
Rúa da Vesada s/n, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128 (ext. 108)

Documentos relacionados
Ligazóns

« Volver