Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Plan de Formación Permanente da ESAD: Artes Escénicas 2009

A Escola Superior de Arte Dramática e a AGADIC colaboran neste programa formativo, orientado a potenciar a formación permanente dos profesionais das artes escénicas de Galicia, tanto se realizan traballos cunha dimensión expresiva como se desenvolven aspectos técnicos ou de xestión.

Coordinada por Nuria Montero Gullón e Roberto Pascual Rodríguez, a terceira edición do programa contempla a celebración de oito cursos en Santiago, Ribadavia, Vigo e A Coruña.

MANIPULACIÓN DE TÍTERES, con Miguel Oyarzún e Carlos Piñero (El Chonchón)
Lugar: Arteria Noroeste, Santiago de Compostela
Datas: do 26 ao 29 de maio
Horario: de 16.00 a 21.00 h.

CARACTERIZACIÓN E INDUMENTARIA, con Alejandra Montemayor e Antoni Martín Domenech
Lugar: Sala Roberto Vidal Bolaño (USC), Santiago de Compostela
Datas: do 15 ao 26 de xuño
Horario: de 16.30 a 19.30 h.

INTERPRETACIÓN, con Will Keen
Lugar: Casa da Cultura, Ribadavia
Datas: do 20 ao 24 de xullo
Horario: de 10.00 a 14.00 h.

VERSO, con Ernesto Arias
Lugar: Sala Roberto Vidal Bolaño (USC), Santiago de Compostela
Datas: do 1 ao 4 de setembro
Horario: de 16.00 ás 21.00 h.

DIRECCIÓN DE ACTORES, con Andrés Lima
Lugar: ESAD, Vigo
Datas: do 7 ao 10 de setembro
Horario: de 16.00 a 21.00 h.
15 prazas

COMPOSICIÓN COREOGRÁFICA, con Ion Garrika
Lugar: Centro Coreográfico Galego, A Coruña
Datas: do 7 ao 11 de setembro
Horario: de 16.30 a 20.30 h.

DRAMATURXIA DO SILENCIO, DRAMATURXIA PARA A DANZA, con Roberto Fratini
Lugar: ESAD, Vigo
Datas: do 14 ao 18 de setembro
Horario: de 16.30 a 20.30 h.

DICCIÓN GALEGA, con Elisa Fernández Rei e Roberto Pascual
Lugar: Sala Roberto Vidal Bolaño (USC), Santiago de Compostela
Datas: do 21 de setembro ao 2 de outubro
Horario: de 16.30 a 19.30 h.

Solicitudes e inscricións: Até 15 días antes do inicio de cada curso.

As prazas adxudicaranse atendendo ao currículo profesional alegado na solicitude ou a criterios específicos realizados polos docentes de cada curso. Elaborarase unha quenda de espera para cubrir posibles vacantes. Esta información será comunicada individualmente e na web da ESAD

Prazo: 01/05/2009 - 02/10/2009

Dirixido a: Profesionais das artes escénicas.

Documentación: O impreso "solicitude inscrición actividades ESAD", debidamente cumprimentado, debe enviarse acompañado do curriculum vitae a escenika.formacion@esadgalicia.es ou ao enderezo postal ESAD Galicia, apartado 2102, 36208, Vigo.

Periodicidade: Anual

Información sobre o importe: O custo de cada curso é de 50 €.

Dirixirse a: ESAD Galicia.

« Volver

Outras convocatorias