Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as probas de selección de alumnos para a promoción 2009/2011 da Sección de Especialización da Escola de Altos Estudos Musicais, segundo as bases publicadas no DOG nº 36, de 20 de febreiro de 2009.
Presentación de solicitudes: ata o 27 de abril, segundo o modelo anexo, no rexistro da AGADIC (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela).
Especialidades convocadas: violín, viola, violonchelo, contrabaixo, óboe, frauta, clarinete, fagot, trompa, trompeta, percusión, trombón.
A escola manterá un mínimo de 30 prazas de alumnos activos. Unha vez realizadas as probas, farase unha lista de espera por especialidades para cubrir as posibles vacantes.
Terán preferencia para optar a estas prazas nas listas aqueles músicos galegos ou residentes en Galicia, menores de 25 anos de idade, que acrediten, a xuízo do tribunal, un nivel suficiente no dominio instrumental.
As probas terán lugar do 18 ao 26 de maio na sede da Escola de Altos estudos Musicais en Santiago (Rúa das Salvadas, s/n). Nas bases especifícanse así mesmo os contidos para cada especialidade.
Prazo: 21/02/2009 - 27/04/2009
Ligazóns« Volver