Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais: resolución 2008

OBRA GAÑADORA: Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa

TERESA GONZÁLEZ COSTA (O Grove, 1975) licenciouse en Filoloxía Inglesa e Italiana pola Universidade de Santiago de Compostela, á vez que desenvolvía unha actividade teatral en paralelo con estadías longas en Italia e Francia, así como en Xenebra. Nesta cidade realiza as súas últimas actividades teatrais até o momento: cursos de dramaturxia focalizados na obra de Jean-Luc Lagarce e reportaxes sobre eventos teatrais para a radio. Tamén participa nunha produción da Comédie de Genève, como actriz, froito dun taller anual realizado por ese teatro.

Actriz, contacontos, ademais de docente, é autora de varias pezas de teatro, tanto para adultos como para rapaces, editadas por Edicións Fervenza e Edicións Laiovento. Foi finalista do Premio de Teatro Rafael Dieste en 2005 con Alén das Brumas e en 2004 é mención especial do xurado do Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques por Canun digas Narice.

Aegri somnia, Bolboretas vermellas, Nesa fiestra non hai nada, Loft Stories, Miles de bocas e peixes e El sueño de Leila conforman a súa obra teatral inédita.

Ademais de co XVII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais por Sempre quixen bailar un tango, en 2008 foi galardoada co III Manuel María de Literatura Dramática Infantil por Pingueiras e tarteiras, convocado igualmente pola AGADIC.

Sempre quixen bailar un tango
"María, vou morrer". Manuel enfróntase á nova coa serenidade precisa para facer balance da súa vida. A súa filla mailo seu xenro móvense arredor del, alleos ao drama e excitados pola prospectiva dunha nova etapa da vida chea de proxectos. A única que pode oír a Manuel é María, a moza encargada da limpeza. María, a que xa non espera nada e a quen os soños a abandonaron antes de ela decatarse, quizais xeracións atrás. O absurdo da peza nace do desencontro abrupto entre os personaxes que viven no mesmo lugar, falándose sen escoitarse, xordos e cegos ás evidencias. Mais María sempre deixa unha porta aberta: será esa a única saída posible a tanta insensibilidade?

Anteriores premios Álvaro Cunqueiro
2007 Roberto Salgueiro: Historia da chuvia que cae todos os días
2006 Manuel Guede: Ocaso Otero
2005 Rubén Ruibal: Limpeza de sangue
2004 Antón Lopo: Os homes só contan até tres
2003 Siro López: Hai que confiar na esperanza
2002 Roberto Salgueiro: Molière final
2001 Afonso Becerra de Becerreá: Agnus patris
2000 Roberto Salgueiro: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
1999 Deserto
1994 Raúl Dans: Lugar
1993 Manoel Riveiro: O prazo
1992 Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido: Copenhague
1991 Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor
1990 Agustín Magán: Os rebertes
1989 Euloxio R. Ruibal: Azos de esguello
1988 Roberto Salgueiro: O arce do xardín

Prazo: 13/10/2008 - 31/12/2008

Periodicidade: Anual

Dirixirse a: AGADIC
Rúa da Vesada s/n, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128 (ext. 108)

Ligazóns

« Volver