A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) fai públicas as seguintes convocatorias de axudas ao sector audiovisual:
-SUBVENCIÓNS PARA PRODUCIÓNS OU COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS EN LINGUA GALEGA CON DECIDIDO CONTIDO ARTÍSTICO E CULTURAL: DOG nº 103, de 30 de maio de 2011 e DOG nº 120, de 23 de xuño de 2011 (corrección de erros).
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2011.
Lugar de presentación: Preferentemente no rexistro da Agadic (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro. Santiago de Compostela), no Rexistro Xeral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O horario do rexistro da Agadic é de luns a venres (agás festivos), de 09.00 a 14.00 horas.
Contía: Destínase un crédito global de 2.900.000 €, dos cales 145.000 € corresponden á anualidade de 2011, 290.000 € á de 2012, 1.740.000 € á de 2013 e 725.000 € á de 2014.
Modalidades:
1. Longametraxes: producións cinematográfica de duración superior a 60 minutos, segundo as seguintes modalidades:
-Modalidade A: longametraxes cinematográficas (animación, ficción ou documental) cunha clara singularidade narrativa e decidido propósito cultural e artístico.
-Modalidade B: opera prima (longametraxes de ficción guionizadas e dirixidas por galegos ou residentes en Galicia, que sexan opera prima ou segunda longametraxe e cun custo de realización inferior a 1.500.000 euros en relación ao custo total da película).
-Modalidade C: películas para TV (longametraxes de ficción deseñadas e realizadas para seren difundidas nunha emisora de TV e cunha duración de entre 75 e 90 minutos. No caso de películas de animación para TV, a duración mínima será de 60 minutos. Series de animación e mini-series: 2×90').
2. Longametraxes documentais: producións audiovisuais de máis de 50 minutos de duración, que aborden calquera aspecto da realidade sen empregar como principal instrumento a recreación ficcional, segundo as seguintes modalidades:
-Modalidade A: documentais de creación (documentais onde se manifesta creativamente unha mirada sobre a realidade).
-Modalidade B: documentais de difusión cultural (sobre temas vencellados en xeral coa cultura galega, a memoria histórica e o patrimonio histórico ou etnográfico de Galicia).
Beneficiarios: Sen prexuízo do resto de requirimentos esixidos nas bases, todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, domiciliadas polo menos durante un ano, previo á data de finalización de presentación de solicitudes desta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Cada empresa solicitante só poderá ser beneficiaria dun máximo de dous proxectos.
Prazo de xustificación: Desde o 1 de marzo ao 15 de abril de 2014, sen prexuízo do establecido nas bases respecto dos pagamentos parciais.
Anexos editables: Poden descargarse dende a Guía do Cidadán (pestana "solicitude") da web da Xunta de Galicia (código: CT207A)
-Documento interpretativo das subvencións para producións ou coproducións audiovisuais.
Modelos de orzamentos:
-Imaxe real (xls, 160 Kb)
-Animación (xls, 244 Kb)
-Desenvolvemento (xls, 32 Kb)
-SUBVENCIÓNS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL PARA O DESENVOLVEMENTO E PROMOCIÓN DO TALENTO AUDIOVISUAL GALEGO: DOG nº 70, de 8 de abril de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 8 de maio de 2011.
Lugar de presentación: Preferentemente no rexistro da Agadic (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro. Santiago de Compostela), no Rexistro Xeral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O horario do rexistro da Agadic é de luns a venres (agás festivos), de 09.00 a 14.00 horas.
Contía: O orzamento total destinado a estas subvencións é de 150.000 euros.
Modalidades:
A. Escrita individual de guión: Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV. A contía máxima por proxecto será de 6.000 euros, á que serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
B. Curtametraxes en soporte dixital: Subvencións para a produción de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega -ficción, animación ou documental- cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía máxima de 5.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
C. Curtametraxes experimentais: Subvencións para a produción de curtametraxes innovadoras ou experimentais. Serán obxecto desta modalidade aqueles proxectos e obras experimentais de decidido contido artístico e cultural. A axuda máxima por proxecto ascende a 7.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
Os proxectos conterán as seguintes características:
-Que propoñan unha ruptura cos códigos narrativos convencionais, é dicir, que vaian alén do tratamento formal das imaxes, dos virtuosismos da montaxe, dun uso do son innovador, dunha mestizaxe de xéneros ou da alteración máis ou menos radical da linealidade narrativa.
-Que aposten polo proceso de rodaxe-gravación como método para atopar unha historia, para captar unha experiencia reveladora que tería sido imposible prever literariamente ou preparar dramaticamente, ou para crear un universo propio comunicable.
-Que supoñan unha indagación subxectiva radical ou unha exploración de universos temáticos polos cales non se aventuran a miúdo as obras audiovisuais.
D. Longametraxes en soporte dixital: Producións audiovisuais gravadas en soporte dixital de duración superior a 60 minutos, de baixo orzamento, que polas súas especiais características creativas se consideren de difícil financiamento. A axuda máxima por proxecto será de 20.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
Cada proxecto deberá estar inscrito nun só tipo ou modalidade e estas non poderán ser acumulables.
Beneficiarios: Sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas residentes, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da Unión Europea ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Prazo de xustificación: Ata o 30 de setembro de 2011. Non obstante, as copias a que se refire o artigo 14º.1 das bases reguladoras poderán ter carácter provisional, ata a entrega das copias definitivas, que en todo caso será o 30 de novembro de 2011.
Anexos editables: Poden descargarse dende a Guía do Cidadán (pestana "solicitude") da web da Xunta de Galicia (código: CT 207E)
-SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO E PRODUCIÓN DE CONTIDOS INTERACTIVOS EN LINGUA GALEGA: DOG nº 68, de 6 de abril de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de maio de 2011.
Lugar de presentación: Preferentemente no rexistro da Agadic (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro. Santiago de Compostela), no Rexistro Xeral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O horario do rexistro da Agadic é de luns a venres (agás festivos), de 09.00 a 14.00 horas.
Contía: O orzamento total destinado a estas subvencións é de 210.000 euros.
Modalidades:
1. Proxectos de desenvolvemento de contidos interactivos: Conxunto de operacións previas á produción dunha obra interactiva, como a adquisición de dereitos, os traballos de investigación, o deseño da estrutura, escrita e análise do guión, a selección de membros principais do equipo, identificación das ferramentas tecnolóxicas e software específico, a preparación do orzamento estimado de produción e plan financeiro, a procura de socios e coprodutores, a planificación da produción, o plan inicial de márketing e explotación da obra, etc.
O importe máximo de subvención será de 12.000 euros e, en todo caso, non poderá superar o 50% dos custos do proxecto.
2. Proxectos de produción de contidos interactivos: As producións constituídas por un conxunto de informacións representadas en múltiples soportes expresivos (texto, son, imaxe estática ou en movemento) codificados dixitalmente. Admítense proxectos para a internet, televisión dixital interactiva, consolas de videoxogos e dispositivos móbiles. Non se admitirán proxectos que non sexan en rede agás para os videoxogos, nin se admitirán obras de consulta, ferramentas e servizos de software, proxectos institucionais ou webs corporativas, traducións de produtos existentes ou contidos meramente informativos.
O importe máximo de subvención será de 60.000 euros e, en todo caso, non poderá superar o 40% dos custos do proxecto.
Beneficiarios: Sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas legalmente como produtoras cinematográficas e audiovisuais e empresas de servizos en internet e medios online, comunicación interactiva en novos medios, consultoría e asesoramento TIC, conectividade e integración de sistemas e desenvolvemento de software, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que teñan sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de proxectos que se realicen en réxime de coprodución, distribuirase proporcionalmente o importe da subvención en función da súa porcentaxe de participación.
Cada empresa solicitante só poderá ser beneficiaria dun máximo de dous proxectos.
Prazo de xustificación: A realización das actividades subvencionadas deberá xustificarse entre o 1 de maio e o 30 de xuño de 2012.
Anexos editables: Pódense descargar as versións en galego e en castelán (requírese Adobe Reader 7.0 ou superior).
-SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS EN LINGUA GALEGA: DOG nº 64, de 31 de marzo de 2011 e DOG nº 75, de 15 de abril de 2011 (corrección de erros).
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de abril de 2011.
Lugar de presentación: Preferentemente no rexistro da Agadic (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro. Santiago de Compostela), no Rexistro Xeral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O horario do rexistro da Agadic é de luns a venres (agás festivos), de 09.00 a 14.00 horas.
Contía: O orzamento total destinado a estas subvencións é de 200.000 euros.
Modalidades:
A. Longametraxes de ficción: Proxectos de longametraxe de imaxe real ou de animación cunha duración superior aos 60 minutos.
B. Longametraxes documentais: Proxectos de longametraxes documentais cunha duración superior aos 50 minutos.
C. Películas para televisión: Telefilmes para TV cunha duración de entre 75 e 90 minutos. No caso de películas de animación para TV, a duración mínima será de 60 minutos.
D. Formatos innovadores para televisión: Combinación única de elementos para crear un programa de televisión orixinal. Comprende o contido do programa ou serie de programas, ademais das indicacións técnicas para producilo, os elementos artísticos, avances orzamentarios (orzamento base) e know-how (experiencia resolutiva) dos produtores.
E. Pilotos de series de animación para TV
Beneficiarios: Sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes, con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Ademais, os beneficiarios deberán ter un acordo ou contrato, como mínimo, cun autor ou guionista para desenvolver algún proxecto dos tipos sinalados con anterioridade.
Cada empresa solicitante só poderá ser beneficiaria dun máximo de dous proxectos.
Prazo de xustificación: A realización das actividades subvencionadas deberá xustificarse entre o 1 de maio e o 30 de xuño de 2012.
Anexos editables: Poden descargarse dende a Guía do Cidadán (pestana "solicitude") da web da Xunta de Galicia (código: CT270B)
-SUBVENCIÓNS PARA A PRODUCIÓN DE CURTAMETRAXES EN VERSIÓN ORIXINAL EN LINGUA GALEGA, ASÍ COMO DE VIDEOCLIPS: DOG nº 63, de 30 de marzo de 2011 e DOG nº 77, de 19 de abril de 2011 (corrección de erros).
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de abril de 2011.
Lugar de presentación: Preferentemente no rexistro da Agadic (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro. Santiago de Compostela), no Rexistro Xeral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O horario do rexistro da Agadic é de luns a venres (agás festivos), de 09.00 a 14.00 horas.
Contía: O orzamento total destinado a estas subvencións é de 115.000 euros.
Modalidades: Son obxecto de subvención os proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega -ficción ou documental- cunha duración inferior a 30 minutos, nas seguintes categorías:
A. Curtametraxes en soporte cinematográficol (producións cinematográficas realizadas por produtoras audiovisuais): axuda máxima por proxecto de 14.000 euros.
B. Curtametraxes de animación en soporte cinematográfico (producións de animación realizadas por produtoras audiovisuais): axuda máxima por proxecto de 25.000 euros.
C. Curtametraxes en soporte dixital, de imaxe real ou de animación: axuda máxima por proxecto de 10.000 euros.
D. Videoclips (relatos audiovisuais que acompañen ou promovan unha produción discográfica de música galega e producidos por empresas audiovisuais , en colaboración con empresas discográficas titulares dos seus dereitos de explotación : axuda máxima por proxecto de 4.000 euros.
Beneficiarios: Poden ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, as produtoras audiovisuais independentes ou empresas discográficas, legalmente constituídas como tales, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que teñan ou instalen unha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para estes efectos, a definición de produtor audiovisual independente será a recollida no artigo 4º n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro.
Cada empresa solicitante só poderá ser beneficiaria dun máximo de dous proxectos.
Prazo de xustificación: A realización das actividades subvencionadas deberá xustificarse entre o 1 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2012.
Anexos editables: Poden descargarse dende a Guía do Cidadán (pestana "solicitude") da web da Xunta de Galicia (código: CT 207F)
« Volver