Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O CONSELLEIRO DE CULTURA AVANZOU ESTA MAÑÁ O ANO DA MÚSICA DE GALICIA 2011, NO QUE "A NOSA COMUNIDADE VOLVERÁ A CONVERTERSE NUN GRANDE ESCENARIO MUSICAL" A TRAVÉS DUN COMPLETO PROGRAMA NO QUE DESTACAN CONCERTOS

Roberto Varela presenta o Ano da Música de Galicia con máis de mil actos e seis millóns de euros de investimento

[28/03/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura o Ano da Música de Galicia que que se celebrará este ano 2011 promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de potenciar a creación musical e as industrias culturais galegas. O conselleiro subliñou que "este ano constitúe unha oportunidade única para poñer en valor ese tesouro e patrimonio de todos os galegos que é a nosa música". Roberto Varela destacou a "exhaustiva programación que abranguerá todas as manifestacións musicais" que ten preparado a Consellería de Cultura e Turismo para este ano 2011 e valorouna como "a máis completa posible". "Serán en total, máis de mil actos e seis millóns de euros de investimento", engadiu.

Roberto Varela, na presentación do Ano da Música

Continuar lendo a nova na web da Consellería de Cultura e Turismo

Ligazóns