Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

PRETO DO 90% DAS 186 FORMACIÓNS ARTÍSTICAS QUE ACTUARÁN ATA XUÑO NA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS, REDE DE SALAS E REDE DE MÚSICA AO VIVO SON GALEGAS

As redes de distribución de espectáculos da AGADIC acollerán 848 funcións no primeiro semestre de 2010

[05/01/2010] As tres redes de distribución escénica e musical que promove a Consellería de Cultura a través da AGADIC ofrecerán un total de 848 funcións e concertos entre os meses de xaneiro e xuño deste ano, dos que 388 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), 325 á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e 135 á Rede Galega de Salas (RGS). Este primeiro ciclo de programación estará protagonizado por 186 formacións artísticas, a meirande parte delas galegas.

Logo Redes

A AGADIC destinará un orzamento de 812.414 euros -580.876 euros para a RGTA, 145.638 para a RGMV e 85.900 para a RGS- á programación deste primeiro semestre de 2010, cofinanciada xunto ás entidades públicas e privadas que xestionan o centenar de teatros, auditorios e salas de toda Galicia que conforman estes tres circuítos.

Incorporación da Rúa

Canto á Rede Galega de Teatros e Auditorios, un total de 70 espectáculos escénicos (teatro de adultos, danza, música de cámara, maxia e programación infantil) a cargo de 63 compañías dan forma a unha carteleira que se desenvolve en 48 espazos, aos que este ano se une por primeira vez o Centro Cultural Avenida do concello ourensán da Rúa. Pola súa banda, a Rede Galega de Salas ofrecerá as últimas propostas de 30 compañías nos seus seis espazos asociados.

En ambos casos, preto do 90% das formacións artísticas participantes son galegas, porcentaxe que alcanza o 92% no caso dos 85 grupos de moi diferentes estilos musicais que actuarán ata xuño en 43 locais da RGMV, circuíto que a AGADIC promove en colaboración coa Asociación de Salas de Música ao Vivo Clubtura.

Ligazóns