[29/09/2009] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presidiu na mañá de hoxe a primeira reunión do novo Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), do que tamén forman parte como vogais o director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López Rodríguez; a subdirectora xeral de Difusión Cultural e Publicacións, Cristina Fabeiro Varela; o director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero; a directora xeral de Comercio, María Nava Castro Domínguez; e a secretaria xeral e do Patrimonio, Rosa María Pedrosa Pedrosa.