Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

PROMOVIDO POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E A RADIO GALEGA

Convócase a terceira edición do premio "Diario Cultural" de teatro radiofónico

[12/11/2008] Ábrese o prazo para a presentación de orixinais á terceira edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, unha iniciativa que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre autores e medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega, promover o encontro entre audiencia e o teatro e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva contemporánea.

O certame está promovido pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego, patrocinado pola Consellaría de Cultura e dotado con 6.000 euros. O galardón reactiva a radio como soporte a explorar coas materias e as premisas da creación contemporánea.

A terceira edición do Premio de Teatro Radiofónico desenvolverse ao longo de toda a temporada. O xurado, integrado por profesionais do mundo da escena e da radio, seleccionará dos orixinais presentados as obras finalistas que serán dramatizadas para a súa emisión por un equipo de actores e actrices coordinados polo CDG. As dramatizacións emitiranse ao longo do mes de marzo, o mes do teatro, nos distintos programa das Radio Galega.

Entre as emitidas o xurado escollerá a obra premiada e a audiencia votará a obra que recibirá o Premio do Publico. Cada un dos premios está dotado economicamente con 3.000 euros. As obras finalistas serán publicadas nun libro-cd.

David Rodríguez foi o gañador da primeira edición con "O Bambam". A obra interpretada por Luis Tosar e Luis Zahera con dirección de Lino Braxe recibiu tamén o Premio do Público. Na segunda edición premiáronse as obras "O mal da vaca", de Begoña García, premio do xurado e "Saltimbanqui" de Lois Pérez, premio da audiencia. Quico Cadaval dirixiu as adaptacións radiofónicas interpretadas por Manuel Lourenzo, Susana Dans, Belen Constenla, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Xan Cejudo, Xosé Manuel Olveira Pico e Fernando Pedrido.

O prazo de presentación de orixinais da terceira edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico rematará o 31 de decembro.

Documentación
Ligazóns