Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO E O MERCAT DE LES FLORS POÑEN EN MARCHA O MOV'S GALICIA 08

‘Mov-s – Galicia 08’ reunirá na Illa de San Simón a profesionais da danza e outras artes do movemento

[24/03/2008] Entre os días 15 e 18 de xuño o Mercat de les Flors e o Centro Coreográfico Galego presentan unha nova edición do mov-s, Espazo para o Intercambio Internacional da Danza e as Artes do Movemento que se celebrará na paradisíaca Illa de San Simón, no mesmo centro da Ría de Vigo.

MOVS_GALICIA

Mov-s é unha iniciativa do Mercat de les Flors de Barcelona con vocación de itinerancia no estado español. Así, o mov-s celébrase anualmente, de xeito alternativo no Mercat de les Flors e noutra cidade ou rexión española. Este ano terá lugar en Galica, en colaboración co Centro Coreográfico Galego.
Mov-s busca construír pontes de enlace entre os artistas e as organizacións de danza e as artes do movemento para establecer vías naturais de encontro e colaboración.

Do 15 ao 18 de xuño, "mov_s – Galicia 08" reunirá na Illa de San Simón a profesionais da danza e as artes do movemento en torno ao tema ‘As condicións para a creación coreográfica’ e contará con: xornadas de debate internacionais, espazos de encontro, presentación de proxectos e unha inmersión na realidade artística de Galicia.

Podedes consultar toda a información na web: www.mov-s.org

Ligazóns