Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

POLO SEU PAPEL IMPULSOR DUNHA PROGRAMACIÓN CULTURAL "XENEROSA E DIVERSA"

O IGAEM, recoñecido co Premio SGAE ao Empresario Público

[11/01/2008] O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) vén de ser galardoado co Premio SGAE ao Empresario Público, en recoñecemento ao seu papel "impulsor dunha programación cultural xenerosa e diversa que fai da capital galega un referente mundial alén, incluso, do seu celebradísimo patrimonio histórico".

Así o decidiu o Consello de Dirección da Sociedade Xeral de Autores e Editores, que coa adxudicación dos seus premios anuais quere recoñecer aqueles usuarios do repertorio que, no desempeño das súas actividades profesionais, se distinguen no compromiso e respecto aos dereitos de autor.

A cerimonia de entrega terá lugar no decurso da "Noite dos autores", que se celebrará o vindeiro 17 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Hostal dos Reis Católicos, en Compostela.