Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

Selección de 1 praza de actor e 2 de actriz para o Centro Dramático Galego: inscrición

[02/01/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) convoca unha audición para a selección de 1 praza de actor e 2 de actriz para a súa vindeira produción, o proxecto de escrita residente drama3, dos autores Rubén Ruibal, Jacobo Paz e Vanesa Sotelo, dirixida por Daniel Salgado. A previsión de duración do contrato será de marzo a xullo de 2008.

Condicións para a realización da audición:
Personaxe 1: Muller, 40 anos, complexión atlética, altura mínima de 1,67 m.
Personaxe 2: Muller, 30 anos, altura máxima de 1,67 m.
Personaxe 3: Home, 40 anos, complexión atlética, altura mínima de 1,75 m.

Data e lugar da audición: do 16 ao 18 de xaneiro de 2008 no Salón Teatro (Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela).

Horario: segundo convocatoria.

Inscrición: enviando currículum vitae a centro.dramatico.galego@xunta.es, incluíndo no mesmo DNI, data de nacemento, teléfono, enderezo postal e correo electrónico.

Prazo: Do 2 ao 11 de xaneiro.

-As persoas que entreguen a súa solicitude na semana do 2, seralles comunicada aceptación e data para a audición (que se celebrará do 16 ao 18 de xaneiro) os días 7 e 8.

-As persoas que entreguen a súa solicitude na semana do 7 , seralles comunicada aceptación e data para a audición (que se celebrará do 16 ao 18 de xaneiro) os días 14 e 15.

Dirixirse a: Centro Dramático Galego
Enderezo: Salón Teatro. Rúa Nova, 34. CP. 15705 - Santiago de Compostela
Telefono: 981 581 572 / 981 581 111
Fax: 981 581 987
centro.dramatico.galego@xunta.es