Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O PRAZO DE ADMISIÓN DE ORIXINAIS REMATARÁ O 4 DE XANEIRO DO 2008

II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

[19/11/2007] Ao longo da súa historia a radio foi plataforma de experimentación e soporte de creacións artísticas. Autores e creadoras utilizaron o medio radifónico como soporte e canle creativa. Nesta tradición o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico pretende promover a creación actual dun corpus dramático no formato de teatro radiofónico.

O Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte, organizan a segunda edición dun premio que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico. Non se trata tanto de recuperar as fórmulas convencionais do radio teatro como de estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas, Trátase de experimentar, de explorar, de facilitar unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes artísticas na radio.
As obras seleccionadas polo xurado emitiranse na Radio Galega e editarase un libro.cd cos textos finalistas. Outorganse os Premios do Xurado e da Audiencia dotados cada un deles con 3.000 euros.

Documentación