Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

NO 10º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE NEIRA VILAS

O presidente da Xunta asiste á estrea do espectáculo 'Memorias dun neno labrego'

[09/01/2026]

Memorias dun neno labrego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu á estrea do novo espectáculo do Centro Dramático Galego, Memorias dun neno labrego, no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Producido coa compañía Contraproducións a partir da novela de Neira Vilas, adaptada e dirixida para as táboas por Cándido Pazó, poderá verse na sede do CDG ata o 25 de xaneiro e do 11 ao 15 de febreiro, ademais de xirar inicialmente por outra decena de localidades nestes dous meses.

Ligazóns