[28/03/2021] O ciclo 'Clásicas desfeitas' organizado pola Xunta de Galicia ofreceu hoxe no Museo Centro Gaiás a súa última peza, para a que se esgotaron todas as entradas. Os textos de 'Orlando', de Virginia Woolf; 'O mito de Sísifo' de Albert Camus; e 'A consagración da primavera' de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza.
O ciclo - coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG)- tivo as entradas esgotadas desde hai días e nel o público puido gozar na Cidade da Cultura dun xogo irreverente no que se cuestionaba o propio canon do feito artístico. Deste xeito, os artistas Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Verónica Moar, Julia Laport, Manuel Lago, Jas Processor, Andrea Quintana e Paula Quintas partiron dun discurso centrado no corpo para vertebrar un diálogo aberto cos ciclos vitais, coa fluidez da identidade e cos procesos de resistencia. Todo un traballo colectivo resultado das estadías creativas nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA).