Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

Ata sempre, Ernesto

[06/08/2018] É un día triste para o teatro galego. Foise Ernesto Chao, un dos grandes da nosa escena e do noso audiovisual.

Ernesto Chao CDG

Pioneiro e referente, tivemos a sorte de traballar con el en numerosos proxectos: ademais de como director do Centro Dramático Galego entre os anos 1986 e 1987, como parte dos elencos de 'Agasallo de sombras', 'Os vellos non deben de namorarse', 'As tres irmás', 'As alegres casadas', 'O incerto Sr. Don Hamlet', 'Un Soño de verán', 'Valle-Inclán 98' ou 'O profesional' (na imaxe), entre outros. E tamén nas innumerables ocasións nas que se subiu ás táboas do noso escenario con diferentes compañías.

A dirección e o persoal do CDG compartimos a dor polo seu pasamento con Rosa, co noso compañeiro Mauro e co resto da súa familia e achegados, así como con todos os que sentimos gran pesar pola súa perda. Ata sempre, Ernesto.

Ligazóns